Physical Graffiti é o sexto álbum da banda inglesa de hard rock Led Zeppelin, publicado o 24 de febreiro de 1975 a través do selo Swan Song Records. O grupo compuxo e gravou oito cancións en Headley Grange cunha lonxitude que ía máis alá da típica duración dun LP, polo que a banda decidiu facer Physical Graffiti como un álbum dobre incluíndolle temas non editados de sesións de gravación anteriores. Este disco foi a segunda edición de Led Zeppelin máis exitosa comercialmente, vendendo 8 millóns de copias só nos Estados Unidos.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Led Zeppelin Categoría:Álbums musicais de 1975 Categoría:Álbums producidos por Jimmy Page Categoría:Álbums de Swan Song Records