Santo Estevo de Paleo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral e contén a súa capital administrativa. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.308 habitantes (1.604 mulleres e 1.704 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.002 habitantes. Ten unha área de 8,17 km².
Historia Aparece citada no Documento Tructinio, do ano 868, que fai referencia ás parroquias do territorio de Nemitos ou Nendos: «Noticia de ecclesiis que sunt in Nemitos de sede hyriense ex antiquo: id est., scm. Tirsum de Mauegondo; scm. Stephanum de Paleo; scm. Vincentium de Celia sea. Maria de Porcimilio; scm. Julianum de Mandagio; scm. Stephanum de Piauela; sea. Eulalia de Sepelunca sea. Eulalia de Avegondo; scm. Martinum de Bandogia sea. María de Revoreda».
No adro desta igrexa fusilaron en 1846 o coronel Miguel Solís, un dos Mártires de Carral.
Cultura Topónimo Paleo podería ser un topónimo xermánico, inda que non se coñece o seu significado.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Paleo
Parroquias de Carral
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carral
Categoría:Parroquias de Carral Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía