Baldomero Lois Pérez, nado en Santiago de Compostela o 18 de abril de 1877 e finado en 1939Noticia en El Compostelano, 19-6-1939, p. 2, foi un xornalista e escritor galego.Segundo o documento Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve), a data de nacemento foi o 18 de abril de 1877, pero esta data non é concordante coa do seu paso polo Bacharelato, que comezou en 1880.
Traxectoria Fillo de José Lois Otero e Josefa Pérez. Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago (1880-1885). En 1885 comezou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela que continuou na Universidade Central de Madrid (1887-1888), regresou de novo á Universidade compostelá en 1889 a examinarse dalgunhas materias. Traballou como oficial do Ministerio de Estado e como xornalista, participando na organización da Asamblea de la Prensa de Provincias, que tivo lugar en Madrid en 1909. Foi redactor de Gaceta de Galicia, colaborou en El Derecho de Ourense e foi correspondente e axente de La Voz de Galicia en Madrid (1913-1922).La Voz de Galicia, 9-2-1983, p. 121. Asinou moitos dos seus artigos co pseudónimo Silo (anagrama do seu primeiro apelido). Tamén participou na Enciclopedia Jurídica e tratou de ferrocarrís estratéxicos de Galicia en El Ejército Español (1888) e El Correo Militar (1902). Elaborou a memoria presentada na inauguración do Centro Galego de Madrid, do que foi secretario. Foi funcionario do Ministerio de Estado e secretario de Manuel García Prieto.
Obras Publicou no periódico O Galiciano dous relatos en galego: "Unha romaxe n-a miña terra" (1888) e "Pobre Xuana" (1889). Tamén é autor de Páginas de actualidad, que publicou con E. Alonso Orea en 1895.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Fotografía de Baldomero Lois
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en 1877 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos