Khaled Hosseini (en ), nado en Cabul, Afganistán, o 4 de marzo de 1965, é un médico e escritor afgán en lingua inglesa.Bilal ibn Rasheed The not-so-curious case of Khaled Hosseini Jang Group of Newspapers Despois de graduarse, traballou como doutor en California, unha situación que el comparou "cun matrimonio arranxado". Publicou tres novelas, sendo a máis salientable a primeira, O cazador de papaventos, publicada en 2003. Tódalas súas obras están ambientadas, polo menos en parte, en Afganistán e teñen a un afgán como protagonista. Despois do éxito de O cazador de papaventos retirouse do eido da medicina para dedicarse a escribir.
As súas tres novelas convertéronse en bestsellers: O cazador de papaventos (2003) estivo 101 semanas na lista de mellor vendidos de The New York Times, catro delas no número un. Un milleiro de soles espléndidos (2007) estivo nesa lista durante 103 semanas, 15 delas no número un. And the Mountains Echoed (2013) debutou preto do máis alto na lista de TimesDallas Morning News archive . Consultado o 11 de febreiro de 2015. e permaneceu alí durante 33 semanas, até xaneiro de 2014.New York Times Best Seller list, 12 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
Traxectoria Naceu en Cabul no seo dunha familia de clase alta, seu pai era diplomático e súa nai era mestra. Ós cinco anos foi vivir cos seus pais a Irán por mor do traballo de seu pai, volvendo en 1973 a Cabul. Tres anos máis tarde, o seu pai foi enviado á embaixada de París e levou á súa familia, desde onde viviu o comezo da guerra civil afgá en 1978, polo que o seu pai pediu asilo político ós Estados Unidos, razón pola que se mudaron a California en 1980.
Alí ingresou na Universidade de Santa Clara, graduándose en bioloxía e logo en medicina na Universidade de San Diego. Mentres facía súas prácticas de interno, entre os anos 1996 e 2004, escribiu súa primeira novela, O cazador de papaventos, que conseguiu publicar no 2003 converténdose nun best-seller. Un ano e medio despois Khaled abandonou a menciña para concentrarse na literatura conseguindo repetir o seu primeiro éxito coa novela Un milleiro de soles espléndidos (2007) e logo coa terceira, And the Mountains Echoed (2013).
Malia vivir desde os quince anos en Occidente, nunca esqueceu a seu país co que está moi comprometido, así en 2006 foi nomeado embaixador de boa vontade do Alto Comisionado da ONU para refuxiados (ACNUR) e ó ver a realidade postbélica decide fundar unha ONG co seu nome. Está casado con Roya Hosseini e teñen dous fillos.
Obras O cazador de papaventos (2003): novela con tinguiduras autobiográficas sobre un mozo afgán que se atopa traumatizado desde a infancia por algo que viu cando era neno. A novela ten como escenarios tanto lugares de USA como de Afganistán, e aborda temas como a emigración e as tensións entre as etnias paxto e hazara. Un milleiro de soles espléndidos (2007): é o encontro de dúas formas de vida, por un lado a tradicional afgá de Mariam (casada por seu pai cun home mais vello) e occidentalizada afgá de Laila (unha adolescente á que seu pai lle di que pode ser todo o que ela queira); ambas personaxes coñécense e mudan seus destinos. And the Mountains Echoed (2013): novela coral de relatos de varias xeracións dunha mesma familia, que vai desde 1952 até a actualidade e amosa diferentes actitudes e escenarios, dende Afganistán ata París, Grecia, USA...
Influencias Dende pequeno Khaled leu ós clásicos da literatura oriental sendo seu libro preferido daquel entón o "Shanameh" (libro dos Reis, unha epopea persa medieval), quedando marcado pola súa experiencia vital e o seu país (envolto nunha guerra civil ata hoxe desde 1978), entre os seus temas abordou as relacións humanas, facendo fincapé na familia, a pertenza a unha xenealoxía, as raíces. O que fai que o autor amose grandes doses de empatía e mesmo tenrura nos textos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Khaled Hosseini
Categoría:Nados en Cabul Categoría:Nados en 1965 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Médicos de Afganistán Categoría:Escritores de Afganistán Categoría:Alumnos da Universidade de Santa Clara Categoría:Alumnos da Universidade de California, San Diego