A dos tremarctinos (Tremarctinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos carnívoros e familia dos úrsidos.
Na actualidade a subfamilia só inclúe un representante vivo Tremarctos ornatus, coñecido na bibliografía como oso de anteollos, única especie de oso de América do Sur.
Á parte desta, están rexistradas varias especies extintas de catro xéneros:
Unha do xénero Tremarctus: Tremarctos floridanus, da Florida. Os chamados "osos de cara curta norteamericanos", dos xéneros Plionarctos (P edensis e P. harroldorum) e Arctodus (A. pristinus e A. simus) Os denominados "osos de cara curta suramericanos" do xénero Arctotherium (A. latidens, A. brasilense,"Spectacled Bear" en The Bear Planet . A. angustidens, A. vetustum, A. bonariense, A. tarijense e A. wingei.Soibelzon, Leopoldo H, Tonni, Eduardo P. & Bond, Mariano (2005): "The fossil record of South American short-faced bears (Ursidae, Tremarctinae)", Jorunal of South America Earth Sciences, 20: 105-113. Ver documento completo en PDF.
Taxonomía
A subfamilia Tremarctinae foi descrita en 1925 por John Campbell Merriam e Chester Stock.Marcelo Stucchi, Denis Alexander Torres e Leopoldo Soibelzon: Evolución da subfamilia Tremarctinae
Os seus xéneros foron incluídos en 1970 por P. E. Bjork na familia dos úrsidos.Bjork, Philip R. (1970): "The Carnivora of the Hagerman Local Fauna (Late Pliocene) of Southwestern Idaho". Transactions of the American Philosophical Society, 60 (7): 3–54. Ver documento completo en PDF.
Finalmente, na actualidade (a partir de 2008), é recoñecida como unha das tres subfamilias dos úrsidos .Krause J.; Unger, T.; Noçon, A.; Malaspinas, A. S.; Kolokotronis, S. O.; Stiller, M.; Soibelzon, L.; Spriggs, H.; Dear, P. H.; Briggs, A. W.; Bray, S. C.; O'Brien, S. J.; Rabeder, G.; Matheus, P.; Cooper, A.; Slatkin, M.; Pääbo, S. & Hofreiter, M. (2008): "Mitochondrial genomes reveal an explosive radiation of extinct and extant bears near the Miocene-Pliocene boundary". BCM Evol Biol. 8:220. Ver documento completo
Subfamilia Tremarctinae Xénero Arctodus † Xénero Arctotherium † Xénero Plionarctos † Xénero Tremarctos
Notas
Categoría:Úrsidos