O G (gue) é a sétima letra do alfabeto galego, e representa os fonemas oclusivo velar sonoro /g/ e aproximante velar sonoro /ɰ/. Nas zonas con gheada representa o fonema fricativo farínxeo xordo /ħ/, o fricativo glotal xordo /h/ ou mesmo o fricativo velar xordo /x/ nas zonas da costa occidental.
Usos A Forza G é a forza centrífuga que experimenta un corpo que se despraza a grandes velocidades, así como ás forzas de aceleración e deceleración. É moi frecuente falar de forza G en aeronáutica e tamén en deportes como a Fórmula 1, onde os pilotos sofren continuas aceleracións e deceleracións ó largo da competencia.
O punto G é unha localización na vaxina que provoca intenso pracer ó ser estimulado.
En bioquímica G é a abreviatura da guanina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN).
Véxase tamén Entradas da enciclopedia que comezan por G
Categoría:Grafémica