O Movimiento Alternativo Social (MASS) (Movemento Alternativo Social en galego) foi un partido político español cuxo ámbito é a provincia de León en Castela e León. Foi fundado en 2006 e inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior o 19 de maio de devandito ano. Preséntouse a varios procesos electorais, con resultados testemuñais. O seu fundador e presidente foi o antigo secretario provincial do Partido Popular en León e deputado nacional Ángel Escuredo, que deixou o partido, xunto con Fátima López Placer, procuradora do Partido Popular nas Cortes de Castela e León, deputada provincial, vicepresidenta da Deputación de León para O Bierzo e concelleira do concello de Priaranza do Bierzo (alén de ex-concelleira do equipo de goberno do PP no concello de Ponferrada durante o goberno de Ismael Álvarez), e xunto con outros douscentos militantes en marzo de 2006 para crear o MASS.Una «fuga anunciada» sin importancia, noticia de El Norte de Castilla, 26 de marzo de 2006

O MASS presentouse ás eleccións municipais de 2007, en coalición coa Unión do Pobo Leonés, nos 39 concellos do partido xudicial de Ponferrada.Objetivo conseguido: MASS-UPL presenta 39 candidaturas , entrada no blog do MASS. A coalición obtivo 8193 votos e 38 concelleiros en 22 concellos, sen conseguir ningunha alcaldía.

A finais de 2007, o MASS rompeu o seu pacto electoral coa Unión do Pobo Leonés, trala dimisión do secretario xeral de UPL, Joaquín Otero. O MASS non participou nas eleccións xerais de 2008 nin colaborou coa UPL, o que supuxo a práctica desaparición desta do Bierzo (337 votos ao Congreso, 558 ao Senado).

No ano 2008 manifestaron publicamente a súa intención de presentarse en toda a provincia de León, nun congreso celebrado en Ponferrada ao cal acudiron como convidados varios representantes da política leonesa e de partidos rexionalistas e nacionalistas.

En 2011, o partido logrou 4.779 votos (1,7% dos votos totais) nas eleccións ás Cortes de Castela e León dese ano e nas municipais 8.309 votos (2,91% dos votos totais) e 34 concelleiros na provincia de León.

Nas eleccións municipais e autonómicas do ano 2015 non se presentaron en ningunha circunscrición electoral.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do MASS Blog do MASS

Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Leonesismo Categoría:Rexionalismo castelán-leonés Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España