Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.
Distribución Coñécese co nome común de «acacia» a moitas árbores leguminosas deste xénero e tamén doutros xéneros (as chamadas «falsas acacias», tales como Robinia pseudoacacia, Gleditsia triacanthos ou a Sophora japonica). Das máis de 3.000 especies descritas no mundo tan só unhas 1.400 especies son aceptadas; e, delas, 970 pertencen ao xénero Acacia, stricto sensu, e unhas 950 proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes.
Están presentes en tódolos hábitats terrestres, incluíndo contornas alpinas, selvas tropicais, bosques, pasteiros, dunas costeiras e desertos. Nos bosques máis secos son un compoñente importante do sotobosque. Noutros lugares poden ser dominantes como no Brigalow Belt de Australia.
En Australia, o bosque de Acacia, é o segundo tipo de bosque máis común despois do bosque de eucalipto, cubrindo 980.000 quilómetros cadrados, un 8% da superficie forestal total. Acacia é tamén o xénero máis grande do país de plantas con flores, con case 1.000 especies atopadas.
En Galicia considéranse especies invasoras.
Hábitat miniatura|Acacia drepanolobium miniatura|Acacia sp. Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 °C. No verán necesitan abundantes regas, cunha fertilización completa.
Ecoloxía As acacias salientan por ser plantas fixadoras de nitróxeno. Desta forma, contribúen á nitrificación do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalgúns territorios, desprazando especies autóctonas (mimosa, acacia negra).
Cultivo miniatura|250px|Mimosa, Acacia dealbata Hai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies aprécianse en xardinería. Son de rápida xermolación e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente dos ferrocarrís e rapidamente se estendeu. A acacia negra plantouse con fins madeireiros.
Algunhas especies de acacia -en particular A. baileyana, A. dealbata e A. pravissima - son cultivadas como plantas ornamentais de xardín. A publicación de 1889 "Useful native plants of Australia : Including Tasmania" describe varios usos para comer.
Toxicidade Algunhas especies de acacia conteñen alcaloides psicoactivos e outras conteñen fluoroacetato de potasio, un veleno para roedores.Leong, L., Khan, S., Davis, C. K., Denman, S. E., & McSweeney, C. S. (2017). Fluoroacetate in plants - a review of its distribution, toxicity to livestock and microbial detoxification. Journal of animal science and biotechnology, 8, 55. https://doi.org/10.1186/s40104-017-0180-6
Especies
Asilvestradas en Galicia Acacia dealbata - Mimosa. Amplamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas. Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia de madeira negra. Diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa. Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos. Presente nas illas Cíes, A Lanzada e outras zonas das Rías Baixas. Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase da A. dealbata por ter dúas glándulas no raque baixo cada par de pinnas, por unha de A. dealbata. Está presente en Cangas de Morrazo (Pontevedra). Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - En Padrón. Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen = Albizia lophantha (Willd.) Benth. = Albizia distachya - Aparece en diferentes localidades costeiras dende A Guarda até Ferrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo.
Outras As especies máis cultivadas son: Acacia armata, utilizada para sebes, foliolos de cor verde escura, con espiñas, flores solitarias amarelas. Non máis de 4 m. Acacia baileyana, de crecemento rápido, malia que de vida curta. Pólas penduradas,inflorescencias en acios. Non máis de 6 m. Acacia armata variedade purpurea, igual que a anterior mais coas follas de cor azulenta. Acacia mucronata, moi resistente, filodios moi estreitos. Acacia verticillata, arbusto mesto, de até 6 m, con filodios punzantes, en verticilos. Acacia farnesiana, arbusto máis miúdo, común en zonas de bosque seco de Centroamérica.
Algunhas especies ameazadas de extinción: Acacia parviceps (Speg.) Burk. Acacia velutina var. monadena Hassler.
Outras especies: Acacia bonariensis Cassia ferruginea (Schrad) Schrad ex DC) (Acacia jurema (Acacia farnesiana - Acacia amarela. Acacia cebil Acacia decurrens Acacia podalyraefolia A. Cunn - Acacia mimosa. Acacia suma - Acacia hindú. Acacia nilotica - Acacia do Senegal, Acacia exipcia. Acacia cultriformis A. Cunn. ex G. Don - Esponxiña. Acacia koa (A. Gray) Acacia cyanophylla Acacia anegadensis
Notas
Véxase tamén
Categoría:Árbores Categoría:Fabáceas