Ignacio Vieitez Tapia, nado en Sela (Arbo) o 28 de agosto de 1817 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1882, foi un político galego. Traxectoria Fillo de José Miguel Vieitez de Puga, señor do pazo de Sela, onde naceu. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Ribadavia, xefe de negociado no Ministerio de Graza e Xustiza, maxistrado da Audiencia de Zaragoza, presidente de Sala das Canarias, Valladolid, A Coruña, Oviedo e Burgos, maxistrado da Audiencia de Madrid e presidente da Sala segunda do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi elixido deputado provincial na Deputación de Pontevedra e deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas en 1850. Foi senador pola provincia de Ourense en 1876 e por Pontevedra entre 1877 e 1881.
Vida persoal Casou con Luísa Penedo Fernández e foi pai de José e Ignacio Vieitez Penedo.
Notas
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1882