A galera, esquila ou esquila común,A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 25 de xuño de 2022. Squilla mantis, é unha especie de crustáceo malacostráceo da subclase dos hoplocáridos, orde dos estomatópodos e familia dos esquílidos, unha das numerosas comprendidas no xénero Squilla.Squilla mantis (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultada o 28 de febreiro de 2021.

É un marisco que se pesca en grandes cantidades, aínda que non é moi apreciado gastronomicamente, pese ao seu excelente sabor, debido a que posúe pouca carne.

Taxonomía Descrición A especide foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Cancer mantis.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Cancer mantis Linnaeus, 1758 (protónimo)

Características miniatura|200px|esquerda|Nótese o 2º par de pereiópodos

A galera pode chegar a alcanzar uns 200 mm de lonxitude.

Presenta oito pares de apéndices no cefalotórax (pereiópodos), sendo os cinco primeiros fortes e curtos, terminados nunha uña curvada e adaptados para escavar.

O segundo par é máis robusto e de maior lonxitude que o resto, e preséntase dentado con cinco espiñas.

A súa coloración é amarela ferruxenta, parda clara ou cor salmón, con bordos azulados e avermellados, sendo de cor máis clara na zona ventral.

Os ollos son verdosos, con manchas de cor púrpura rebeteadas de branco.

Os ollos están sustentados por longos pedúnculos móbiles, e son moi complexos.

Distribución e hábitat Distribución Squilla mantis é unha espècie propia do mar Mediterráneo e do Atlántico noroeste.

Hábitat Encóntrase sobre fondos pedregosos ou lamacentos fangosos do litoral.

Bioloxía miniatura|180px|Squilla mantis á venda nun mercado catalán

Alimentación A galera é un animal carnívoro. A súa dieta componse principalmente de peixes e doutros crustáceos. Captura as súas presas utilizando o seu longo par de brazos, suxeitándoas coas afiadas espiñas ou golpeándoas coa grosa punta.

Reprodución A época da desova ten lugar entre maio e xuño.

Pesca Squilla mantis é o único estomatópodo nativo que se pesca a escala comercial no Mediterráneo. Máis de 7 000 t captúranse anualmente, o 85% das cales se apañan nas costas italianas do mar Adriático. Tamén se captura no mar Xónico, fronte a Sardeña, e fronte á costa de Cataluña e das Illas Baleares. Fóra do Mediterráneo, consómese en Andalucía, no golfo de Cádiz, que é de onde procede o nome vulgar de galera.Squilla mantis (Linnaeus, 1758) en ictioterm.es

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Crustáceos Marisco

Ligazóns externas Ficha en pescaderiascorunesas.es . Saquilla mantis (Linnaeus, 1758) en asturnatura.com Long Bodied Crab. Squilla mantis na EOL.

Categoría:Malacostráceos Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné