A frecha é un signo auxiliar da escrita que reproduce esquematicamente a arma do mesmo nome (→).

Usos

Na marxe dun texto, para atraer a atención do lector sobre un elemento considerado interesante. Con esta mesma función usábase tamén no pasado o signo da man. Dentro das obras gramaticais, enciclopédicas e lexicográficas, para remitir a outro capítulo, lema ou epígrafe, en substitución de véxase. En diagramas, mapas conceptuais ou textos similares, para indicar unha secuencia lóxica ou cronolóxica, unha relación de causa-efecto, implicación, derivación etc.

Usos en Matemáticas O símbolo frecha emprégase en Matemáticas en diferentes situacións. Pode indicar unha aplicación ou unha función (). Nos límites indica a que valor tende a variable (). Situado sobre unha ou dúas letras indica un vector (). Indica unha implicación lóxica ().

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Man

Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos Categoría:Símbolos matemáticos