Jesús Fernández González, nado en Selga de Ordás (León) en 1955, é un crego católico, na actualidade bispo de Astorga.
Traxectoria Estudou na capital provincial de León para crego, ata que foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1980. Proseguiu os estudos e licenciouse, e posteriormente doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia de Salamanca.
Como sacerdote, estivo de crego nas parroquias de Senra e de Lazado, no concello de Murias de Paredes, e despois en Villaquilambre, ata que en 1987 foi designado reitor do seminario menor de León, ata 1990. Despois do seu paso por Salamanca regresou ao seminario como docente, e como crego á parroquia de Valsemana, no concello de Cuadros. En 2003 foi nomeado vigairo episcopal da diocese de León e en 2010 vigairo xeral da mesma.
En 2013 o papa Francisco noméao bispo auxiliar de Santiago de Compostela, baixo a figura de bispo de Rotdon.
En xullo de 2020 o papa Francisco noméao bispo de Astorga
Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos da Igrexa católica latina