Luxovios, latinizado como Luxovius é un deus celta das augas de Luxeuil, adorado na antiga Galia. É o consorte de Bricta. No santuario de auga termal de Lexeuil atopáronse evidencias da súa adoración con outras deidades, incluído o xinete do ceo que porta un disco solar, e Sirona, unha deusa asociada coas fontes.
Inscricións Luxovius aparece en dúas inscricións, ámbalas dúas de Luxeuil-les-Bains :
[Lus]soio / et Brictae / Divixti/us Cons/tans / v(otum) s(olvit) <l=T>(ibens) m(erito) "A Lusso(v)ios e Bricta, Divixtius Constans libre e merecidamente cumpriu o seu voto." (CIL 13, 05425)
Luxovio / et Brixtae / G(aius) Iul(ius) Fir/manus / v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito) "A Luxovios e Brixta, Gaius Julius Firmans libre e merecidamente cumpriu o seu voto." (AE 1951, 00231; CIL 13, 05426)
Véxase tamén Bibliografía Année Epigraphique volume 1951 Corpus Inscriptionum Latinarum (CIL), volume 13, Tres Galliae Dictionary of Celtic Myth and Legend. Miranda Green. Thames and Hudson Ltd. Londres. 1997
Categoría:Deuses galos Categoría:Deuses da auga