A lingua chickasaw (Chikashshanompa) é unha lingua da familia muskogee tradicionalmente falada polo pobo nativo americano chickasaw, do sueste dos Estados Unidos. É unha lingua aglutinante estreitamente relacionada, mais non completamente intelixible, co choctaw. É falada por só 75 membros da tribo chickasaw, residentes no sueste de Oklahoma, e todos eles teñen máis de 55 anos."Chickasaws Are On the Move." Linguistics Society of America Committee on Endangered Languages and their Preservation. Consultado o 9 de abril de 2012. O chickasaw está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Rexurdir da lingua O programa de revitalización da lingua chickasaw, creado no 2007, emprega os alfabetos de Munro-Willmond e Humes alphabets. Debido a que o chickasaw é unha lingua falada, "non hai xeito correcto ou incorrecto de deletrear o chickasaw." Chickasaw ten actualmente programas de aprendizaxe individualizados, Consultado o 9 de abril de 2012. de comunidades, e de autoestudo.

A aplicación "Chickasaw Language Basic" está dispoñible en iPhone, iPad, e outros dispositivos iOS.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gordon, Matthew. (2004). "A phonological and phonetic study of word-level stress in Chickasaw". International Journal of American Linguistics, 70 (1), 1-32.

Munro, Pamela; Willmond, Catherine (1994). Chickasaw: An analytical dictionary. Norman: University of Oklahoma Press. Munro, Pamela; Willmond, Catherine (2008) Let's Speak Chickasaw = Chikashshanompa' Kilanompoli'. Norman: University of Oklahoma Press. "The Chickasaw People." www.utm.edu. 2017.

Categoría:Linguas muskogees Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas