é un kaiju xaponés que apareceu por vez primeira no filme de Ishirō Honda Godzilla (1954). Dende aquela, Godzilla converteuse nunha icona mundial da cultura pop protagonizando máis de 28 filmes producidos por Toho Co., Ltd.. O monstro apareceu en gran variedade de medios como videoxogos, novelas, banda deseñada e series de televisión. Producíronse dúas versións americanas con este personaxe como protagonista, o filme de 1998 e o filme de 2014. O personaxe tamén é coñecido como Rei dos Monstros, un epíteto usado na versión americanizada do filme orixinal de 1954.
Nome miniatura|Póster xaponés do primeiro filme de Godzilla (1954).|esquerda é unha amálgama das palabras xaponesas (gorila) e (balea), que se empezou a utilizar por que ao comezo da súa planificación describiuse como un cruzamento entre un gorila e unha baleaSteve Ryfle. Japan's Favorite Mon-Star. ECW Press, 1998, p.22 aludindo ao seu tamaño, poder e orixe acuática. Existe tamén unha lenda apócrifa que afirma que "Gojira" era o alcume dun traballador do Toho Studio, que se puido orixinar como un chiste dos propios traballadores.Ryfle, Steve (1998). Japan’s Favorite Mon-Star: The Unauthorized Biography of the Big G. ECW Press, p.23 En man'yōgana, a escrita kana xaponesa que utiliza caracteres chineses, escríbese como . A pronuncia xaponesa do nome é [ɡodʑiɽa] que deu lugar á forma anglicizada do termo, Godzilla, co que se coñece internacionalmente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Toho Ficha en IMDb
Categoría:Personaxes de cinema Categoría:Personaxes da banda deseñada Categoría:Personaxes da televisión