Aurelio López Fernández, nado en Nogueiró (O Mundil, Cartelle) o 23 de decembro de 1932, e finado en Outomuro o 8 de outubro de 2018, foi un veterinario e político galego.

Traxectoria Estudou o Bacharelato no actual IES Otero Pedrayo de Ourense e a licenciatura de Veterinaria na facultade de Veterinaria de León, pertencente na altura á Universidade de Oviedo que rematou en 1956. Posteriormente, na década dos 60 foi fundador da Cooperativa de Productores de Huevos, encadrada en UTECO, embrionaria da actual cooperativa agroalimentaria, COREN. Converteuse, deste xeito, en cooperativista a través da granxa de galiñas para pór ovos primeiro e de poñedoras, despois, construída no seu concello, preto do campo de fútbol do Outeiro do Cuco.

No plano político, foi alcalde de Cartelle pola UCD nas primeiras eleccións municipais de 1979 e por Coalición Galega en 1983 e 1987.

Persoa de fondas conviccións relixiosas, foi un fregués activo na súa parroquia do Mundil. Como veciño, destacou seu compromiso ao longo da súa vida co Outomuro CF, a comisión de festas ou o proceso de concentración parcelaria.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cartelle

Categoría:Alcaldes de Cartelle Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Veterinarios de Galicia Categoría:Nados en Cartelle Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2018