Antolín Esperón Novás, nado en Pontevedra o 6 de setembro de 1821 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1895Noticia en Diario Oficial de Avisos de Madrid, 21-12-1895, p. 2., foi un avogado, escritor, profesor e xornalista galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No Instituto de Pontevedra desempeñou a cátedra de Retórica e Política e Clásicos latinos. Foi fiscal da Delegación de Facenda e síndico do Concello. Trasladouse a Madrid onde exerceu a avogacía e adquiriu fama de orador. Impartiu clases de Literatura e Elocuencia, Historia de España e Dereito penal e Administrativo. Foi Alcalde de Xixón (1851-1852) e Comisario provincial de Albacete. En 1855 volveu a Pontevedra. En 1859 traballaba como censor, e autorizou a publicación de La hija del mar de Rosalía de Castro.
Foi deputado provincial polo distrito de Ponte Caldelas e profesor de francés, catedrático e director do Instituto (1881). No Instituto de Pontevedra pronunciou o seu discurso con motivo do bicentenario da morte de Calderón de la Barca. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi membro fundador da de Pontevedra. Foi redactor de Las Musas del Lérez, La Distracción, El Restaurador, La Constancia, La Reforma e Diario de Pontevedra e colaborou nas publicacións madrileñas La Ilustración, La Patria, El Continental e El Heraldo.
Obras Defensa de Pontevedra Manifiesto al público de Pontevedra sobre la creación de una Academia de Jurisprudencia (1842; con Manuel Ángel Couto) Impresiones de viaje. Santander y provincias vascongadas (Semanario Pintoresco Español, 1850)
Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852)
Discurso pronunciado ... con motivo del centenario de Calderón de la Barca, 1881.
Homenaxes O concello de Pontevedra acordou dedicarlle unha rúa da cidade en 1896.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Autores galegos
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en 1821
Categoría:Alcaldes de Xixón Categoría:Finados en 1895 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela