miniatura|esquerda|175px
O signo de multiplicación ( × ) é un símbolo matemático empregado para representar un produto. É semellante á letra x, coa que se pode confundir en ocasións.
Historia O símbolo de multiplicación foi introducido por William Oughtred en 1631.
Usos Matemáticas En Matemáticas o signo de multiplicación pode ter distintos usos: Indicar o produto de dous números. 2 × 3. Para evitar confusións, é habitual neste contexto empregar o punto medio: 2 • 3. Indicar o produto vectorial de dous vectores. Indicar o produto cartesiano. Indicar a dimensión dunha matriz.
Outros usos É o símbolo empregado habitualmente para indicar unha dimensión: “o cuarto mide 4 m × 5, 5 m”. En Bioloxía indica o nome dun híbrido.
Notas
Categoría:Símbolos matemáticos