O ciclo do piruvato xeralmente refírese aos movementos entre distintos compartimentos celulares e transformacións químicas que sofre o piruvato. Os movementos espaciais dentro da célula do piruvato ocorren entre as mitocondrias e o citosol e as transformacións químicas orixinan varios intermediarios do ciclo de Krebs. En todas as variantes, o piruvato impórtase á mitocondria para ser procesado introducindo os seus carbonos (en forma de acetil-CoA) no ciclo de Krebs. Ademais do piruvato, pode importarse tamén alfa-cetoglutarato. En varios puntos, o produto intermediario é exportado ao citosol para que sufra alí transformacións adicionais e despois reimportado. Xeralmente considéranse tres ciclos do piruvato específicos, cada un denominado pola principal molécula exportada desde a mitocondria: malato, citrato, e isocitrato. Poden existir outras variantes, como os ciclos fútiles ou disipativos do piruvato.

Este ciclo estúdase xeralmente en relación á secreción de insulina estimulada por glicosa (ou GSIS) e crese que hai unha relación entre a resposta á insulina e o NADPH producido neste ciclo, pero os detalles específicos non están claros e existe unha certa confusión sobre o papel dos encimas málicos. O fenómeno foi obsevada nas células dos illotes pancreáticos.

O ciclo do piruvato-malato foi descrito no fígado e preparacións de ril xa en 1971.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas from

Categoría:Metabolismo