Xoán Bello Mallou, chamado simplemente Mallou, nado nas Casas Novas (Santiago de Compostela) en 1925 e finado o 12 de xaneiro de 2014 en Santiago de Compostela, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria Iniciuse como instrumentista de gaita co mestre Alfredo O Ferrador e comeza a tocar en festas e romarías dende a primeira mocidade. En 1939 toca cos Enxebres por primeira vez nas festas de Grixoa. Seis anos máis tarde ingresou na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, da que formou parte durante máis de medio século ata que se retirou completamente en 2001. En Cantigas e Agarimos fixo dúo estable con Basilio Carril e coincidiu con outros destacados gaiteiros da posguerra.
Como gaiteiro fixo xiras polas comunidades galegas de Europa e América, e obtivo a Medalla Marcial del Adalid da Real Academia de Belas Artes. A súa peza máis coñecida é o pasodobre de Mallou, que ten sido gravada por varios conxuntos tradicionais, como Durindaina.
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo de diversas interpretacións de Xoán Bello Mallou, xa nos últimos anos da súa vida. MALLOU (O gaiteiro de Casas Novas) - Documental de Xosé Bocixa (11/07/2019).
Categoría:Nados en 1925 Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes