O Gran Premio de España de 1977 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 8 de maio de 1977. A carreira foi a quinta rolda da tempada de Fórmula Un.

Foi gañado polo piloto Mario Andretti do equipo Lotus - Ford. Carlos Reutemann logrou co seu Ferrari o segundo lugar, mentres que Jody Scheckter completou o podio en terceira posición para o equipo Wolf - Ford.

Resumo da carreira Mario Andretti demostrou a súa boa forma coa pole position e Jacques Laffite do equipo Ligier deu a sorpresa, batendo a Niki Lauda para a segunda posición, con todo Lauda non puido tomar parte na carreira debido a unha fractura de costela. Ao principio, Andretti tomou a dianteira seguido por Laffite. Laffite deu caza a Andretti nas primeiras voltas, pero tivo que entrar en boxes cun pneumático picado, deixando a Andretti gozar da vitoria con Carlos Reutemann segundo. Hunt quedou terceiro, pero retirouse cun fallo de encendido, e o terceiro posto foi para John Watson ata que perdeu lugares debido a un trompo, deixando a Jody Scheckter na última praza do podio.

Segundo a BBC, esta foi a primeira vitoria dun coche de Fórmula 1 con efecto solo.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Mario Andretti Lotus-Ford 75 1:42:.52.22 1 9 2 12 Carlos Reutemann Ferrari 75 +15.85 4 6 3 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 75 +24.51 5 4 4 2 Jochen Mass McLaren-Ford 75 +24.87 9 3 5 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 75 +1:05.83 12 2 6 8 Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 74 +1 volta 13 1 7 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 74 +1 volta 2 8 3 Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 74 +1 volta 15 9 18 Hans Binder Surtees-Ford 73 +2 voltas 20 10 30 Brett Lunger March-Ford 72 +3 voltas 25 11 10 Ian Scheckter March-Ford 72 +3 voltas 17 12 27 Patrick Nève March-Ford 71 +4 voltas 22 13 36 Emilio de Villota McLaren-Ford 70 +5 voltas 23 14 28 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 70 +5 voltas 19 Ret 7 John Watson Brabham-Alfa Romeo 64 Sistema combustible 6 Ret 17 Alan Jones Shadow-Ford 56 Accidente 14 Ret 24 Rupert Keegan Hesketh-Ford 32 Accidente 16 Ret 25 Harald Ertl Hesketh-Ford 29 Radiador 18 Ret 16 Renzo Zorzi Shadow-Ford 25 Motor 24 Ret 37 Arturo Merzario March-Ford 16 Suspensión 21 Ret 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 12 Motor 10 Ret 1 James Hunt McLaren-Ford 10 Motor 7 Ret 22 Clay Regazzoni Ensign-Ford 9 Accidente 8 Ret 19 Vittorio Brambilla Surtees-Ford 9 Accidente 11 NTS 11 Niki Lauda Ferrari 0 Lesionado 3 NSC 34 Jean-Pierre Jarier Penske-Ford NSC 9 Alex Ribeiro March-Ford NSC 33 Boy Hayje March-Ford NSC 38 Brian Henton March-Ford NSC 31 David Purley LEC-Ford NSC 35 Conny Andersson BRM

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Jody Scheckter 23 2 Mario Andretti 20 3 Carlos Reutemann 19 4 Niki Lauda 19 5 James Hunt 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 34 2 Wolf-Ford 23 3 Lotus-Ford 22 4 McLaren-Ford 12 5 Brabham-Alfa Romeo 8

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1977 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1