Dean Cyril Reed, nado en Lakewood (Colorado) o 22 de setembro de 1938 e finado en Dahme-Spreewald (Berlín) o 13 de xuño de 1986, foi un cantante, actor e compositor estadounidense. Viviu parte da súa vida en Suramérica e Alemaña Oriental até a súa morte, e recibiu o alcume de Red Elvis por acadar boa parte do seu éxito en países pertencentes á órbita comunista e socialista.

Traxectoria Dean Reed estudou meteoroloxía na Universidade de Colorado, e trasladouse a California para comezar a súa carreira como músico. En 1958 firmou un acordo co selo Capitol Records, que intentou facer del un ídolo xuvenil e encargouse da produción de varios sinxelos como "I Kissed a Queen" ou "Our Summer Romance". Amais, fixo as súas primeiras aparicións televisivas como estrela convidada nalgunhas telecomedias.

Con todo, non chegou a triunfar nos Estados Unidos, pero algúns dos seus temas como "Our Summer Romance" lograran chegar aos primeiros postos nas listas de vendas da Arxentina e Chile. Reed iniciou unha xira por Suramérica, acadando popularidade. Estableceuse en Chile, aprendeu castelán, gravou varias películas para o mercado suramericano e chegou a ter un programa na televisión arxentina. Ao tempo, comezou a poñerse en contacto con intelectuais e artistas de esquerda como Víctor Jara, e empezou a facer declaracións e discursos apoiando as súas teorías políticas, tocando gratuitamente nos barrios pobres, ou criticando accións realizadas polo Goberno dos Estados Unidos como a Guerra de Vietnam"Red Elvis" , en Prague.tv ..

Tras ser deportado da Arxentina en 1966, estableceuse en Roma un par de anos, rodando películas de spaghetti western, até que foi convidado pola Organización Xuvenil Socialista da URSS para viaxar a Moscova e comezar unha xira polo estado, onde tivo bastante éxito. O seu acto foi usado con fins propagandísticos, motivo polo que durante varios anos non puido regresar aos Estados Unidos de América. A súa postura a favor do marxismo radicalizouse trala morte de Salvador Allende e o asasinato de Víctor Jara, cantante ao que admiraba. Volveu a Chile baixo o réxime militar en 1983 con visado de turista, pero foi expulsado tras actuar en dúas ocasións."Expulsado Dean Reed", artigo en Las Últimas Noticias, 20 de agosto de 1983 .

Estableceuse de forma definitiva en Berlín Leste, na República Democrática Alemá. Durante a súa estancia non chegou a afiliarsse ao Partido Socialista Unificado de Alemaña (el definíase como marxista antes ca comunista) e nunca renunciou á nacionalidade estadounidense, afirmando que era "un patriota" a quen non gustaba o seu sistema político, a pesar de que fora considerado por moitos dos seus compatriotas como un traidor polo seu apoio a medidas como a construción do Muro de Berlín ou a Guerra de Afganistán. Porén, puido volver ao seu país invitado polo director Will Roberts, que gravara un documental titulado Dean Reed: American Rebel, e concedeu unha entrevista para o programa 60 minutes da CBS na que defendía as súas posturas.

En 1986 ía comezar a rodaxe dunha produción cinematográfica sobre o Masacre de Wounded Knee. A noite anterior ao inicio da rodaxe Reed foi reunirse co produtor. Porén, nunca chegou ao sitio e desapareceu. Cinco días despois apareceu o seu cadáver flotando nun lago de Zeuthen. A policía atribuíu a súa morte a un accidente, aínda que realmente foi un suicidio (o goberno da RDA non contabilizaba as mortes por suicidio como tales). Existe certa controversia sobre a súa morte ao non quedar esclarecida por completo. As súas amizades de Berlín e a súa esposa Renate afirmaron que Reed tiña un cadro depresivo e que quixo suicidarse, mais a súa familia e amizades dos Estados Unidos afirmaron que podería ser un asasinato"Relatives think Dean Reed was murdered", en deanreed.de ..

Reed casou en tres ocasións: con Patty (con quen tivo a súa primeira filla, chamada Ramona), a modelo Frau Wiebke (con qune tivo outra filla, Natasha) e a actriz Renate Blume.

Legado Amais dos documentais e biografías sobre a súa persoa, está prevista a rodaxe dunha película estadounidense baseada na súa vida, chamada Comrad Rockstar e protagonizada por Tom Hanks, que posúe os dereitos cinematográficos de calquera filme tras llos mercar á súa viúva Renate Blume"Tom Hanks será el "Elvis Rojo", el Presley de la RDA y del Chile de Allende" , artigo en Público ..

Carreira Discografía The Search, Capitol Records, 1959 I Kissed a Queen, Capitol Records, 1959 Anabelle, Capitol Records 1959 He Besado A Una Reina, Capitol Chile, 1959 Our Summer Romance, Capitol Records, 1959 Nuestro Amor Veraniego, "No te tengo" Capitol Chile, 1960 Don't Let Her Go, Capitol Records, 1960 I Forgot More Than You'll Ever Know, Imperial Records, 1961, Once more (side A) El amor es la fuerza más poderosa RCA Victor Chile 1962 Muñeco de trapo, RCA Victor Chile 1962 Como Un Niño Soy, Odeon Chile, 1964 La Bamba, Odeon Argentina, 1965 Hippy Hippy Shake, Odeon Chile/Argentina, 1965 Simpatia, EMA 1966 Dean Reed, Melodija, Lp, URSS, 1967 Dean Reed, Melodija, 1969 My way selo descoñecido, 1969 If you go away selo descoñecido, 1969 Las cosas que yo he visto, Odeon Chile, 1971 No nos moverán!, sencillo, 1971 Dean Reed, Lp, URSS, 1972 Mississippi-Line, Melodija 1972 Wir sagen ja..., Amiga, 1972 Dean Reed a jeho svet, Supraphon, 1976 We Will Say Yes (Ïîåò Äèí Ðèä), Lp, URSS, 1978 My Song For You, Supraphon, 1978 Rock 'n' Roll, Country & Romantic, Supraphon, 1980 Dean Reed Country, Supraphon, 1981 Dean Reed, Supraphon, 1986 Akter i Pesnya, CD, Rusia, 2001 The Red Elvis (The Very Strange Story Of), CD, Alemaña, 2007 Seine Amiga-Erfolge, SONY BMG, 2007

Películas Mi Primera Novia (1966), con Palito Ortega e Evangelina Zalazar. El Cantor (1978, película para televisión gravada na RDA baseada na vida de Víctor Jara)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Reggie Nadelson (1991): Comrade Rockstar. The search for Dean Reed. Chattoo & Windus, Londres. ISBN 0-7011-3472-0 Chuck Laszewski (2005): Rock 'n' Roll Radical: The Life & Mysterious Death of Dean Reed, Beaver's Pond Press. ISBN 1-59298-115-1

Ligazóns externas Web de Dean Reed (alemá, tamén dispoñible en castelán e inglés).

Categoría:Actores de Colorado Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Colorado Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Colorado Categoría:Finados en 1986