Azeglio Vicini, nado o 20 de marzo de 1933 en Cesena, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol italiano.
Traxectoria Como xogador Comezou a xogar no equipo da súa vila natal, o AC Cesena, fichando moi pronto polo Lanerossi Vicenza e polo UC Sampdoria máis tarde, equipo no que militaría a maior parte da súa carreira. Retirouse xogando no Brescia Calcio no ano 1966.
Como adestrador A súa traxectoria como adestrador foi máis ampla, sobre todo nas diferentes categorías da Selección de fútbol de Italia. O primeiro equipo ao que dirixiu foi o Brescia Calcio, durante un ano e pouco despois de colgar as botas. Ao cabo dalgúns anos comezou a adestrar á categoría sub-23 do combinado nacional, e ao ano seguinte pasou á sub-21, neste posto estivo dez anos, ata que en 1986 pasa a adestrar á selección na categoría absoluta.
Coa selección de fútbol de Italia chegou ao terceiro posto no Mundial de Fútbol Italia 1990, cun equipo no que destacaban Roberto Baggio, Salvatore Schillaci ou Franco Baresi.
Deixa a selección en 1991 tras non conseguir clasificar ao equipo para a Eurocopa de Fútbol Suecia 1992, sendo substituído por Arrigo Sacchi. Posteriormente dirixiu en dous breves períodos ao AC Cesena e ao Udinese Calcio.
Véxase tamén
Ligazóns externas Estatísticas
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Cesena Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores do Brescia Calcio Categoría:Adestradores de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do Brescia Calcio Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do AC Cesena Categoría:Adestradores do Udinese Calcio Categoría:Adestradores do Mundial de Fútbol de 1990