O Monte de Baltar, tamén coñecido coma Monte Outeiro Grande, é un macizo granítico de 260 metros de altura que se atopa no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia do Viso.

Desde o ano 2008 conta cunha estación meteorolóxica, na que se rexistran datos de temperaturas, humidade, presións, velocidade e dirección do vento e precipitacións.

Dende o ano 2001 celébrase no seu cumio o festival A Noite da Lúa Meiga de música tradicional galega.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Monte da Peneda Ligazóns externas Xeografía de Redondela. Anecdotario Redondelán.

Categoría:Montes de Redondela