Un banco malo ou banco mao (do inglés bad bank), ou en termos económicos, «Fondo para a reestruturación dos activos financeiros», é unha entidade financeira que compra os chamados activos tóxicos (activos compatibilizados no balance dun banco por un valor sobrevalorado) a fin de salvar o sistema financeiro. Así pois, no caso de que os bancos compatibilizasen os activos polo seu valor actual de mercado (que unha vez estalada a burbulla teñen un valor moito menor), terían que declarar en creba e arrastrarían coa súa caída toda a economía dun país. A creación dun banco malo por parte do goberno é unha das medidas que se propuxeron trala Crise hipotecaria de 2007 a fin de sanear bancos zombis.
Banco malo en España Os primeiros bancos malos creáronos en España as propias entidades financeiras, así La Caixa, cando se transformou en banco e converteuse en CaixaBank, deixou todos os activos tóxicos inmobiliarios aparcados en CaixaHolding"BBVA carga contra el 'banco malo' para debilitar a sus competidores" , artigo en El Confidencial, 19 de xaneiro de 2012 ., entidade non cotizada e que asumiu tanto Servihabitat (a filial que xestionaba a actividade inmobiliaria da antiga La Caixa), como as participacións en Inmobiliaria Colonial e Metrovacesa, ademais de gran parte da carteira industrial"CaixaBank nace libre de activos inmobiliarios 'problemáticos'", artigo en Libertad Digital .. Seguindo unha estratexia similar BBVA creou a mediados de novembro do 2011 unha entidade que acumulou 30 000 millóns de euros en activos inmobiliarios , un 80% da actividade do BBVA neste sector"El BBVA acumula sus activos malos en una división", artigo en El País, 15 de novembro de 2011 .. Igualmente a caixa de pensións Caixa Galicia aproveitou a súa conversión no banco Novagalicia Banco para crear un banco malo onde aparcou os activos 'tóxicos', un total de 11 150 millóns en préstamos hipotecarios dos que 3 000 estaban en chan e 1 900 non tiñan garantías hipotecarias"Castellano crea un 'banco malo' con los activos 'tóxicos' de la caja gallega", artigo de María Fernández en El País, 15 de novembro de 2011 ..
A nivel estatal coa entrada do goberno do Partido Popular propúxose a creación dun banco malo gobernamental a fin de sanear definitivamente o sector financeiro español. Se seguísese o modelo de Irlanda a banca entregaría os activos ao Estado recibindo a cambio débeda pública coa que podería continuar acudindo á barra libre de liquidez do BCE e ter máis marxe para volver dar crédito. Considerando como o solo e os créditos a sector inmobiliario están provisionados nun 33 % de media, se o estado os adquirise cun desconto do 60 % a perda ascendería ao 27 % para as entidades financeiras. Se seguise o modelo de Alemaña o estado pagaría á banca o mesmo prezo que teñen contabilizado nos seus balances, restando as provisións realizadas. En contrapartida a banca asumiría a obrigación de dar tanto crédito como axudas reciban.
Finalmente con todo, e co obxectivo de acelerar a reestruturación financeira cun novo impulso ás fusións das caixas máis débiles e recapitalizalas, o supervisor bancario español solicitou que aprovisiona as partidas de solo ao 100 % do valor contable, de forma que tivesen valor neto 0, e así por exemplo os terreos rústicos da Caja de Ahorros del Mediterráneo situados en Alacant foron aprovisionados por Banco Sabadell nun 97 % sobre o seu valor contable. Tamén se decidiu a aprobación dun banco malo para sanear o balance das entidades financeiras pero só para solo -principal problema do sector-, e coa condición de que Bruxelas apoiase a iniciativa con fondos económicos. Dado que o banco malo só aceptaría solo, Isidro Fainé, un dos principais propoñentes deste instrumento, chamouna o Banco do Solo, mentres que os inmobles serían vendidos polas propias entidades creando divisións específicas encargadas desta función. En canto ao financiamento, as contribucións ao banco malo deberían canalizar a través do FROB, e en canto á súa estrutura, o banco malo sería un banco sintético no sentido de que serían as mesmas entidades as que se encargarían de xestionar os activos tóxicos que achegarían. O horizonte temporal para realizar as desinversións situaríanse en vinte anos xa que, segundo os expertos do sector, trataríase dun tempo razoable para dar saída a todo o solo que a banca española acumulaba nos seus balances, uns 30 000 millóns. Deste xeito, desfacéndose do solo, as entidades poderían liberar as provisións dotadas e destinar o seu capital á concesión de crédito á economía real"Habrá banco malo, pero solo para suelo y con ayudas de Bruselas", artigo en Cinco Días, 29 de decembro de 2011 ..
Xaneiro de 2012: descarte do banco malo, optando por fortes provisións Pero as presións dos grandes bancos forzaron a descartar a creación dun banco malo"Santander cree que el 'banco malo' no es la mejor solución para el sector" , artigo en El Confidencial, 7 de decembro de 2011 ., optándose por forzar á banca a dotar elevadas provisións. Nesta liña o Goberno prorrogou in-extermo, o sábado 31 de decembro do 2011, a prórroga extraordinaria concedida polo anterior executivo a bancos e inmobiliarias para evitar que o solo que teñen nos seus balances contabilizado como urbanizable pase a valorarse como solo rústico, o que supoñería unha depreciación do 90 % do seu valor contable, un axuste contable que situaría a banca española media en perdas.
Esta situación produciuse no 2007, cando se aprobou a Lei do Solo que pretendía acabar co acaparamento do solo dispoñible para especular co prezo e eliminou a consideración de solo urbanizable, establecendo só dúas categorías posibles: ou «solo urbanizado» ou «solo rural». A Lei establecía que os promotores dispoñían a partir de entón dun máximo de tres anos para empezar a construír nos solos urbanizables que tivesen en propiedade con plan de ordenación urbanística aprobado, e que pasado este prazo o terreo pasaría a ser cualificado de "solo rural", de modo que o seu valor caería. Pouco antes de que esta particular cláusula entrase en vigor o 30 de xullo de 2010 e estalada xa a burbulla inmobiliaria, aprobouse o Real Decreto-Lei 6/2010 que introduciu unha prórroga para evitar que o solo urbanizable empezase a cotizar a prezo de rústico, é dicir, segundo o valor do cultivo agrícola e non en función das expectativas urbanísticas, atrasando o axuste contable de valoración ata o 31 de decembro de 2011.
A nova prorroga permitiu que estes activos tóxicos seguisen valorándose en termos contables como solo urbanizable ata xullo de 2012,"El Gobierno salva in extremis a bancos y promotores", artigo en LibreMercado, 2 de xaneiro de 2012 mentres o ministro de economía Luis de Guindos elevou as provisións que deberán realizar os bancos españois aos 50 000 millóns de euros, e o presidente do goberno do estado, Mariano Rajoy, declarou o 10 de xaneiro de 2012 que non se crearía un banco malo en España"Rajoy asegura que no subirá el IVA ni creará un banco malo en España", artigo en Cinco Días, 10 de xaneiro de 2012 .. A rebaixa do valor dos activos inmobiliarios "en niveis realistas» chega ata o 50 % no caso das promocións, o 80 % no do solo urbanizado e practicamente o 100 % no do solo rústico. Así mesmo concedeuse aos bancos un prazo non superior a dous anos para prover estas caídas de valor, e dadas as perdas que esta situación ocasionou, o goberno de Madrid continuou inxectando diñeiro do fondo de rescate europeo (EFSF) e obrigou á súa fusión"El Gobierno dará un hachazo a los inmuebles de la banca, que valdrán la mitad" , artigo en El Confidencial, 11 de xaneiro de 2012 ..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Burbulla inmobiliaria en España Crise das hipotecas subprime Crise económica de 2008-2013
Categoría:Bancos e caixas de aforro