Södertälje é unha cidade de Suecia situada no condado de Estocolmo.

Historia O nome Telje aparece mencionado durante o século XI. Para resolver o conflito provocado con outra poboación que foi fundada ao norte de Estocolmo durante o século XVII, engadíuselle Söder (sur), xurdindo deste modo Södertälje; á outra poboación recibiu o Norr (norte), xurdindo así Norrtälje.

Durante o século XVIII Södertälje recibiu unha foro. Debido á Gran Guerra do Norte e a unha serie de pragas, a poboación viuse reducida ás 200 persoas.

Demografía A poboación en 2010 era de 64.619 habitantes. Sendo a décimo sexta poboación por número de habitantes en Suecia.

Logo da Guerra de Iraq moitos iraquís refuxiáronse en Södertälje, na súa maioría cristiáns, recibindo máis inmigrantes iraquís ca os Estados Unidos e o Canadá xuntos

Xeografía Sitúase entre Estocolmo, Strängnäs e Nyköping. É o punto de conexión entre lago Mälaren co Mar Báltico a través da canle de Södertälje

Comunicacións e conexións

Södertälje é un importante nó ferroviario e de autoestradas, ademais do peirao da Canle de Södertälje.

Autoestrada E4 A Autoestrada E20 Liña de Svealand Liña do Oeste Liña Nyköping Canle de Södertälje

Economía Södertälje é o lugar no que se fabrican os autobuses e camións da marca Scania AB. Tamén é a sede da farmacéutica AstraZenecaAstraZeneca. O grupo Volkswagen ten a súa central en Suecia tamén nesta localidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Municipio de Södertälje

Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo