Ján Kollár nado en Mošovce o 29 de xullo de 1793 e finado en Viena o 24 de xaneiro de 1852, foi un escritor e poeta eslovaco do Romanticismo, arqueólogo, científico e político. Foi un dos primeiros ideólogos do paneslavismo.
Traxectoria Estudou nun colexio luterano de BratislavaPetro, Peter (1995). A History of Slovak Literature (1 ed.). Mcgill Queens's University Press. p. 66., onde foi ordenado sacerdote, sendo destinado a exercer o seu servizo a Budapest. Desde 1849 foi profesor na Universidade de Viena. Exerceu como Conselleiro de Goberno do Imperio Austríaco nos asuntos relacionados con Eslovaquia.
Kollar distinguiuse por impulsar o movemento nacionalista eslovaco e a idea do Paneslavismo. Considerou que nas linguas eslavas podían distinguirse catro grandes grupos: a ruso, a polaco, a checo-eslovaco e serbocroata.
No 1974 adicóuselle un museo no celeiro da súa casa natal de Mošovce, xa que o resto da casa sufrira un incendio o 16 de agosto de 1863. No 2009 construíuse unha réplica da casa orixinal na que está agora o museo.
Obra Ademais da súa poesía, escribiu obras de interese científico e de arqueoloxía. As máis destacadas son:
Slávy dcera (A filla de Sláva). Nesta obra expresa os seus sentimentos por unha muller que, ao cabo, é unha personificación da patria. O literární vzájemnosti mezi kmeny a nářečími slavskĭmi (Sobre a reciprocidade literaria entre a tribos eslavas e as vernáculas).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Museo
Categoría:Escritores de Eslovaquia Categoría:Nados en 1793 Categoría:Finados en 1852 Categoría:Nados no kraj de Žilina Categoría:Escritores en lingua checa