Os Parabasalia ou parabasálidos son un grupo de protistas flaxelados dentro do subgrupo dos Excavata. A maioría destes organismos establecen realcións simbióticas con animais; e entre eles hai diversas especies que se encontran nos intestinos de térmites e cascudas. Outras especies deste supergrupo son parasitas e inclúen a patóxenos humanos.
Características Os flaxelos están dispostos formando un ou máis grupos preto da parte anterior da célula. Os seus corpos basais están ligados a fibras parabasais que se unen a un prominente aparato de Golgi, que é distintivo deste grupo. Xeralmente tamén teñen unha lámina de microtúbulos cruzados que discorre polo centro da célula e nalgúns casos proxéctase alén do final da célula, que se denomina axostilo, pero é diferente en estrutura dos axostilos que teñen as oximónadas.
Os parabasálidos son anaeróbicos, e carecen de mitocondrias, pero isto débese a unha perda secundaria na evolución, e conteñen no seu lugar pequenos hidroxenosomas, que parece que se orixinaron a partir da redución das mitocondrias. Reliquias similares atopáronse noutros flaxelados amitocondriados, e os parabasálidos están probablemente relacionados con eles, formando o grupo denominado metamónadas. Carecen das fendas para a alimentación que presentan a maioría dos outros, mais isto pode ser tamén unha perda secundaria.
Clasificación Os paabasálidos actualmente están divididos en 10 ordes. As tricomónadas presentan un grupo de 4-6 flaxelos, un dos cales está unido a un lado da célula e a miúdo forma unha membrana ondulante. Moitos deles atópanse en hóspedes vertebrados, como é o caso de Trichomonas vaginalis, que causa unha enfermidade de transmisión sexual en humanos. Os outros ordes, anteriormente agrupados co nome hipermastíxidos, teñen un gran número de grupos de flaxelos e encóntranse exclusivamente no tracto dixestivo de insectos. (O termo "Hypermastigida" aínda se pode ver ocasionalmente na literatura.)
Notas
Categoría:Metamónadas