dereita|miniatura|Lara Dopazo, Andrea Nunes e Laura Cesarco na Festa dos Libros de Pontevedra. Lara Dopazo Ruibal, nada en Marín en 1985, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e mestrados en Cooperación Internacional e mais en Filosofía Práctica. Bolseira na Academia de Roma no 2019, comuneira no Programa de Estudos en Man Común Comúns, Ruralidades e Feminismos.
Un dos seus poemas foi musicado no álbum Alfaias de Fanny + Alexander.
Participou en No seu despregar. Antoloxía poética, Apiario.
Obras Dende illa peixe (2009). Xunta de Galicia. Serviu de base para a curtametraxe Illa pedra, da cineasta Adriana Páramo, e foi a primeira peza audiovisual en galego con audiodescrición para persoas cegas. Ovella (2016). Concello de Outes. Clementina (2016). Edita-me. Os lobos na casa de Esaú (2017). Chan da Pólvora. Claus e o alacrán (2018). Espiral Maior. O axolote e outros contos de bestas e auga (2020). Editorial Galaxia. Contos gringos (2024). Vigo: Galaxia. 118 páxs. ISBN 978-84-1176-330-1.
Tradución Lume branco, de Antonia Pozzi. Rinoceronte, 2021.
Premios 2008: Primeiro premio do certame GZ Crea 2008 pola poesía "Dende Illa Peixe"
2015: Certame de poesía Francisco Añón co poemario Ovella. 2015: Primeira edición do Premio Literario Nortear co relato "Clementina". 2017: Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño co poemaio Claus e o alacrán"A escritora Lara Dopazo Ruibal gaña o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño" 2020: Premio de narrativa Illa Nova con O axolote e outros contos de bestas e auga.Lara Dopazo Ruibal gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2020 2025: Premio da Crítica Galicia de creación literaria por Contos gringos.</ref>
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio Illa Nova
Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1985