Rhodospirillales é unha orde de proteobacterias, que comprende dúas familias: as Acetobacteraceae e as Rhodospirillaceae.
As Acetobacteraceae comprenden as bacterias do ácido acético, que son heterótrofos e producen ácido acético durante a súa respiración.Garrity, George M.; Brenner, Don J.; Krieg, Noel R.; Staley, James T. (eds.) (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, Volume Two: The Proteobacteria, Part C: The Alpha-, Beta-, Delta-, and Epsilonproteobacteria. New York, New York: Springer. ISBN 978-0-387-24145-6. As Rhodospirillaceae inclúen principalmente as bacterias púrpuras non do xofre, que producen enerxía por medio da fotosíntese anoxixénica.
Notas
Categoría:Rhodospirillales