Nova Esquerda Galega é unha organización política galega. Formouse no ano 2013 con antigos militantes de Unidade da Esquerda Galega (UEG) e toda a miltancia de Nova Esquerda Socialista (NES), ambos os dous grupos integrados en ANOVA-Irmandade Nacionalista desde a súa creaciónAnova xa conta con outro colectivo organizado "transformador e revolucionario" , Galicia Confidencial, 26 de marzo de 2013.. A esta organización, nacida da fusión deses dous pequenos partidos, incorporáronse unha vintena de militantes do PSdeG-PSOE.

Actualmente mantén unha relación de colaboración permanente con organizacións como Izquierda Aberta (IzAb), Convergencia por Estremadura (CEX), Ezker Batua (EB-B), Compromís, Espacio Plural e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI) e forma parte da coalición La Izquierda que avoga pola creación, de cara a futuras convocatorias electorais, dunha fronte de esquerdas que poida crebar o bipartidismo en España.

Os seus máximos dirixentes son Óscar Lomba Álvarez e Lois Pérez Leira, ambos co-voceiros nacionais.

Notas

Categoría:Partidos nacionalistas galegos Categoría:Anova-Irmandade Nacionalista