Rosa Mina Schärer, nada en Lenzburg (cantón de Argovia) o 3 de marzo de 1924 e finada o 24 de marzo de 2018 en Zürich, foi unha cantante suíza, máis coñecida como Lys Assia. Foi a gañadora do primeiro Festival da Canción de Eurovisión, en 1956.

Traxectoria Despois de Eurovisión miniatura|esquerda|210px|Lys Assia durante a presentación de "Giorgio", canción suíza do Festival de Eurovisión 1958. O primeiro Festival da Canción de Eurovisión celebrouse en Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956. Ese ano, participaron 7 países, cada un dos cales presentou dúas cancións. Lys encargouse de defender as dúas cancións suízas, unha das cales, "Refrain" ("Refrán"), alzaríase co triunfo. A outra canción que interpretou foi "Dás alte Karussel" ("O vello carrusel"). Trala súa vitoria, volveu representar a Suíza nas dúas seguintes edicións do festival. En 1957 ocupou o penúltimo lugar con "L'enfant que j'étais" ("A nena que era"), e en 1958 quedou en segundo lugar con "Giorgio".

Aínda que todos coñécena en Europa polo seu paso polo festival, Lys Assia xa era moi coñecida en Alemaña, Austria e o seu Suíza natal antes do evento.

O seu estilo baséase en cancións lentas amor con melodía dos anos 50 e 60. Lys Assia cantou nas principais salas de festas de París, Madrid, Nova York e Buenos Aires. Tivo a oportunidade de cantar para a raíña Isabel II, para o desaparecido rei de Exipto, Faruq, ou para Eva Perón.

Namorou os alemáns coa canción «Eine weiße Hochzeitskutsche» ("Unha carruaxe branca"). Dise que foi a primeira canción dos seus innumerables éxitos. Ela mesma comentou sobre esta composición, que -a beleza da canción e do son, atraeu a moitos namorados-. Esa canción foi lanzada no ano 1946, é dicir logo da posguerra alemá.

Lys Assia tivo como inspiración a un profesor de ballet clásico de Zürich, ao cal debe o seu nome artístico.

Casada con Oskar Petersen, o dono dunha importante cadea de hoteis, foi moi feliz con el ata o ano 1995, no cal Lys e Oskar tiveron un fatídico grave accidente de tráfico que lle custou a vida a Oskar. Lys estivo cinco meses prostrada nunha cadeira de rodas.

En 1996 sufriu un infarto, que tamén superou. Ela mesma comentou que tras ese infarto se fixo máis humana e sensible.

Unha das últimas aparicións de Lys foi no show Congratulations que conmemoraba o 50º aniversario de Eurovisión. No devandito evento, onde presentou a última gañadora do certame, dixo: pasaron moitos anos, pero aínda seguimos aquí xuntos.

No 2011, con 87 anos de idade, Lys Assia presentouse coa canción "C'était ma vie" ("Era a miña vida") á preselección suíza para intentar volver por cuarta vez ao Festival de Eurovisión 2012. Actuou na final suíza co mesmo vestido que levaba no Festival de Eurovisión 1956.http://ogaespain.wordpress.com/2011/11/14/lys-assia-llevara-el-vestido-con-el-que-gano-el-primer-festival-de-eurovision-en-la-final-suiza// Pero que non resultou elixida, quedando en 8º posición

Un ano despois, volveu presentarse candidata para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 2013, con "All in your head" ("Todo está na túa cabeza"), un tema algo máis moderno e rápido, actual como ela descríbeo, interpretado xunto co grupo rap NewJack.http://www.eurovisionplattform.sf.tv/videos/all_in_your_head Lys Assia feat.NewJack: All in your head Pero a canción non clasificouse para a final nacionalhttp://www.eurovision.tv/page/news?id=get_to_know_the_swiss_finalists Get to know the Swiss finalists!

Discografía "Oh Mein Papa" "Ein kleiner goldner Ring" "Refrain" "Das alte Karussell" "Holland Mädel" "Jolie Jacqueline" "L'enfant que j'étais" "Giorgio" "C'était ma vie" "All in your head" (feat. NewJack)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión 1956 Festival de Eurovisión 1957 Ligazóns externas

Lys Assia na web de Eurovisión

Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Nados no cantón de Argovia Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2018