Lo más sublime ou Respetad a los señores maestros (O máis sublime ou Respectade os profesores) é un filme mudo catalán inédito producido en 1927 en Barcelona por Producciones E.L.A. O drama, dirixido por Josep Enric Ponsa, foi realizado por un grupo de afeccionados emprendedores que rodou a película durante as fins de semana de catro meses en diferentes lugares da Costa Brava, principalmente en Blanes. A película incorpora as preocupacións sociais do tempo incorporando unha visión anarquista da necesidade educativa que o país sufría.
Argumento En San Cebrian, unha cidade costeira, Rosa esperaba a volta do seu marido pescador, coa súa filla Nuri e o seu afillado Sardinilla, cando foi atopado morto despois dunha tempestade. Os amigos da familia, Antonio e Rosita, acompañados por Sardinilla, deciden buscar un tesouro coa axuda dun mapa que conservaba Rosita. Os seus inimigos, Tomás e Andrés, intentarán facerse con el mediante un engano. Andres, alén de arelar a Rosita, a amada de Antonio, é unha vítima da cobiza de Tomás, e, ferido, volverá ao bo camiño grazas a Antonio e a Sardinilla.
Personaxes
Personaxe Actor Pseudónimo de Antonio Antonio B. De Vila Antonio Burgos Rosa Mercedes Doménech Ana Maria Rosita Ponsá Clara Lina Vivarelli Andrés, el traïdor Antonio Granell Carlos, el Sardinilla Valeriano Cortés Juan Jaime Reixach Jaume Ponsá Doménech Gaspar Julio Paya Ibo, capitán da escuna Eduard de C. Tarragó Josep Maria Casals Tarragó Lucas Enrique Filló Niña Nuri Nuria Burgos
Sobre a película A película foi realizada por Producciones E.L.A., unha empresa de nova creación que só realizou este filme. Llorenç Arché Codina foi un dos promotores como produtor, xunto con Josep Enric Ponsá como director, Antonio Burgos como decorador e Josep Maria Casals Tarragó como produtor executivo e actor. miniatura|dereita|Sa Palomera, ao fondo, e no primeiro plano a danza da muller na escultura "Al Sardanista".
Foi filmado na década de 1920, cando a paisaxe da Costa Brava comezaba a ser de interese para os cineastas. Xunto con Lo más sublime, tamén foron filmados á vez: Lillian (1921), Entre Marinos (1920), O místico (1926), Baixant de la font del gat (1927) etc. Os exteriores foron filmados en Blanes e na costa entre Blanes, Lloret de Mar e Tossa de Mar. No inicio do filme ofrécese unha visión xeral de San Cebrian tirada dende a rocha Sa Palomera, en Blanes, considerado o principio da Costa Brava.
O 20 de setembro de 1927 realizouse unha proxección en probas para a crítica, que aconsellou recortar e eliminar intertítulos así como suprimir algunhas escenas da película antes de presentala ao público. Con estas modificacións augurábase un grande éxito en España e a posibilidade de éxito no exterior. Estreouse no Teatre Novedades o 9 de xullo de 1928.
En 1992, unha copia da película almacenada no formato orixinal de nitrocelulosa polos fillos do director, Albert e Josep Mª Casals Martorell foi recuperada pola Filmoteca de Catalunya que a transferiu a un formato que garantise a súa seguridade. O 31 de xaneiro de 1994 reestreouse Lo más sublime no Cine Alcázar, acompañado ao piano por Juan Pineda e coincidindo coa apertura da exposición en Barcelona de material publicitario entre 1925 e 1936 da empresa catalá de distribución Mundial Film.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha na IMDb Repositori digital da Filmoteca de Catalunya
Categoría:Filmes de Cataluña Categoría:Filmes de 1927 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes rodados en Cataluña