Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, é unha revista plurilingüe que se publica en Madrid dende 1998.
Historia Apareceu en 1998 por iniciativa do Departamento de Filoloxía Románica, Eslava e Lingüística Xeral da Universidade Complutense de Madrid, co obxectivo de contribuír á consolidación, desenvolvemento e difusión da lingua, literatura e cultura galegas dende fóra de Galicia e máis alá do seu ámbito educativo, filolóxico ou político. A publicación leva no título as iniciais de Madrid e Galicia como punto de partida para establecer un diálogo transfronteirizo, especialmente condensado nas áreas iberorrománica e hispanoamericana.GEG.
Conta coas seccións Artigos, Crónica, Creación, Tradución, Entrevista e Recensións.
Está subvencionada pola Dirección Xeral de Política Lingüística. A primeira directora foi María Josefa Postigo Aldeamil ata o número 4, cando pasou a compartir este cargo con Carmen Mejía Ruiz, anteriormente subdirectora e a partir do número 7 a súa única directora. Alonso Zamora Vicente figura como director honorífico.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web de Madrygal
Categoría:Revistas galegas Categoría:Universidade Complutense de Madrid Categoría:Revistas literarias de España