O congro americano,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103. Conger oceanicus (Mitchill, 1818), é unha especie de peixe angüiliforme da familia dos cóngridos, subfamilia dos congrinos.
Características É un congro de coloración de gris escura a verde, con pequenas pintas de cor vermella ferruxenta, que pode chegar a medir até 2 m de lonxitude e pesar ao redor dos 40 kg.Conger oceanicus (Mitchill, 1818) en FishBase.
Distribución É unha especie mariña, demersal (e dicir, nadadora), oceanódroma, que vive desde 1 a 477 m de profundidade, xeralmente de 75 a 150 m. Subtropical habita nas costas do Atlántico occidental (entre os 50 °N - 16 °S, e os 97 °W - 5 °W) desde o cabo Cod en Massachusetts até o nordeste de Florida, nos Estados Unidos e o norte do golfo de México. Tamén se citou cerca da illa atlántica de Santa Helena e nas costas do Canadá.
Bioloxía Bentónico, encóntrase desde as augas costeiras pouco profundas até profundidades de 477 m e de até 260 m no golfo de Maine. Aliméntase principalmente de peixes, pero tamén de camaróns e outros crustáceos pequenos e moluscos.
Pesca
Comunmente captúrase por pescadores estadounidenses ao longo das costas dos estados de Atlántico medio con canas desde embarcadoiros, peiraos e á liña, desde embarcacións de baixura.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 190. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Robins, C. R. e C. Ray (1999): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, U.S.A.: Houghton Mifflin Company. ISBN 978-0-395-97515-2.
Outros artigos Cóngridos Congrinos
Ligazóns externas Conger oceanicus (Mitchill, 1818) en Barcodes of Life. Conger oceanicus (Mitchill, 1818) na EOL. Conger oceanicus (Mitchill, 1818) no NCBI. Conger oceanicus (Mitchill, 1818) no ITIS. Conger oceanicus (Mitchill, 1818) no WoRMS.
Categoría:Angüiliformes