El Cantaclaro foi un semanario editado en Monforte de Lemos en 1900.

Historia e características Subtitulado Semanario literario, defensor de los intereses generales, apareceu en marzo de 1900.La Nación Militar, 1-4-1900, p. 7-8.. Imprimíase en Ourense e na súa cabeceira aparecían as frases: "Orense no tiene caciques y los desvelos y laboriosidad de sus gobernantes la hacen ser una ciudad grande y florecinete" e "El caciquismo ignorante es el culpable de nuestras desgracias y sinsabores". Dirixido por Ramón Plasencia Ruibal. Entre os seus colaboradores figuraron Juan Nuevo López e Ramón Fernández Mato. Foi un periódico combativo contra o caciquismo, polo que o seu director foi ameazado e perseguido. Contén noticias locais e colaboracións. Mostrouse partidario da Unión Nacional. Cesou a súa publicación en outubro dese mesmo ano."Don Manuel Arias" en El Correo de Lugo, 17-10-1900, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos Categoría:1900 en Galicia