El Cínife foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1900. Historia e características Subtitulado Semanario satírico e Periódico satírico semanal, apareceu o 14 de abril de 1900. Pode tratarse da continuación de El Ciclón, pola semellanza na liña editorial e porque os colaboradores coinciden. Incluía as seccións Zumbidos e Aleteos poéticos onde publicaron creacións poéticas en castelán Heraclio Pérez Placer, Enrique Labarta Pose, Francisco Porto Rey, Juan Barcia Caballero, Sofía Casanova e Pedro Sánchez Peña. Tamén apareceron algúns poemas en galego de Pedro Sánchez Peña, Adolfo Rey e dun autor que asinaba co pseudónimo Leafar. Suspendeu a súa publicación a mediados de xullo dese ano.La Idea Moderna, 20-7-1900, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1900 en Galicia