O Gran Premio de Australia de 2014 (oficialmente 2014 Fórmula 1 Rolex Australian Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 16 de marzo de 2014 no Circuíto Albert Park en Melbourne. Será a carreira 79 na historia do Gran Premio de Australia, que remontase á 100 Miles Road Race de 1928. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014, e viu o debut dos novos regulamentos e a presentación dos motores de 1´6 litros turboalimentados V6 A carreira tamén conmemora o trixésimo ano de que o Gran Premio de Australia foi incorporado como unha proba do Campionato do Mundo.
Informe
Cualificación A apertura da sesión iniciouse en condicións de seco, pero baixo a ameaza de choiva.
Daniel Ricciardo marcou o ritmo ao principio no seu debut co Red Bull Racing, Lotus loitou desesperadamente, pero Pastor Maldonado non estableceu un tempo e Romain Grosjean cualificou nun humilde 21º posto, que se converteu en vixésimo cando Esteban Gutiérrez recibiu un castigo por cambiar a súa caixa de cambios no Sauber. Max Chilton cualificou por diante do Marussia do seu compañeiro Jules Bianchi, non acadou un lugar na Q2 por unha centésima de segundo. O piloto de Caterham Marcus Ericsson foi o último piloto eliminado na Q1, o seu compañeiro de equipo Kamui Kobayashi logrou pasar á Q2.
A choiva fixo a súa aparición na Q2, a pista mollada tomou a súa primeira vítima en Kimi Räikkönen, quen trompeou co seu Ferrari ao final da Q2. O accidente de Räikkönen interrompeu a volta de varios pilotos, entre eles Jenson Button e o actual Campión do Mundo Sebastian Vettel, tanto que o accidente de Räikkönen impediulles pasar á Q3. Máis tarde descubriuse que Vettel tamén se viu obstaculizado por problemas no motor.http://www.gpupdate.net/en/f1-news/307766/engine-software-issue-hinders-vettel/ O Sauber de Adrian Sutil terminou o período no décimo cuarto posto, con Kamui Kobayashi décimo quinto logo de que Sergio Pérez trompeara o seu Force India na súa última volta lanzada.
A choiva intensificouse no período final, e varios pilotos saíron con pneumáticos de mollado. Os pilotos de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg, xunto a Ricciardo, comezaron unha batalla a tres bandas pola pole que chegou ata as últimas voltas. Hamilton impúxose, con Ricciardo segundo. Rosberg partiu terceiro, xunto a Kevin Magnussen, quen cualificou o seu McLaren cuarto no seu debut na F1. Despois do accidente na Q2 Räikkönen quedou 12º, Fernando Alonso deu deu a Ferrari un bo resultado cando logrou o quinto posto logo de facer unha elección de pneumáticos equivocada ao principio do período e comezou xunto ao Toro Rosso de Jean-Eric Vergne. O Force India de Nico Hülkenberg e o debutante Daniil Kvyat ocuparon a seguinte fila da grella, por diante dos Williams de Felipe Massa e Valtteri Bottas, quen, do mesmo xeito que Gutiérrez, foi sancionado con cinco lugares por cambiar a caixa de cambios. Para Williams, foi a primeira vez desde o Gran Premio de Hungría de 2012 que os dous coches chegaron á Q3.
Carreira
A carreira comezou as 17:00, hora local. Os pilotos de Marussia Max Chilton e Jules Bianchi quedaron parados na grella no comezo da volta de formación e comezaron a carreira desde o pit lane xunto a Romain Grosjean que foi sancionado por saír do garaxe antes do sinal de 15 minutos. Segundos despois da saída, Felipe Massa e Kamui Kobayashi chocaron na primeira curva, quedando ambos fóra da carreira.
Nico Rosberg liderou desde a primeira curva malia que Lewis Hamilton partía desde a pole. Durante as primeiras cinco voltas da carreira, Hamilton e Sebastian Vettel, retiráronse, ambos con problemas no motor. Rosberg dominante, gañou a carreira con case vinte e cinco segundos de vantaxe, logrando o seu primeiro triunfo desde o Gran Premio do Reino Unido de 2013. Daniel Ricciardo acadou o segundo posto diante do seu público, converténdose no primeiro piloto de F1 de Australia en terminar no podio na súa carreira de casa nunha carreira do campionato do mundo. John Smith terminou no podio en 1983, pero nese momento, aínda non era unha carreira oficial do campionato mundial de Fórmula Un. Kevin Magnussen terminou terceiro, dous segundos por detrás de Ricciardo. É o primeiro debutante na F1 que logra un podio na súa primeira carreira desde que o fixera Lewis Hamilton no Gran Premio de Australia de 2007 sete anos antes. Coincidentemente, Hamilton e Magnussen terminaron terceiro e correndo para McLaren.
Cuarto foi compañeiro de equipo de Magnussen Jenson Button, que terminou medio minuto detrás de Rosberg, seguido de Fernando Alonso quinto, Valtteri Bottas sexto, Nico Hülkenberg sétimo, Kimi Raikkonen nu decepcionante oitavo posto malia gañar a carreira un ano antes, os dous Toro Rosso de Jean-Eric Vergne e do debutante Daniil Kvyat foron noveno e décimo respectivamente. Daniil Kvyat convértese no piloto máis novo en puntuar, superando o anterior récord de Sebastian Vettel.
Post carreira Daniel Ricciardo foi descualificado dos resultados do Gran Premio de Australia. Kevin Magnussen ascendeu a segunda posición e Jenson Button ata a terceira.
Ricciardo foi descualificado por unha infracción do artigo 5.1.4 do Regulamento Técnico da Fórmula 1, que establece que, «o consumo de combustible non debe superar os 100 kg.
Varios Sebastian Vettel e Felipe Massa lucían cascos especiais en homenaxe á Michael Schumacher. Mercedes e Ferrari tamén levaban mensaxes de apoio a Michael nos seus coches.
Clasificación Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:31.699 1:42.890 1:44.231 1 2 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:30.775 1:42.295 1:44.548 2 3 6 Nico Rosberg Mercedes 1:32.564 1:42.264 1:44.595 3 4 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:30.949 1:43.247 1:45.745 4 5 14 Fernando Alonso Ferrari 1:31.388 1:42.805 1:45.819 5 6 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:33.488 1:43.849 1:45.864 6 7 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:33.893 1:43.658 1:46.030 7 8 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:33.777 1:44.331 1:47.368 8 9 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:31.228 1:44.242 1:48.079 9 10 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:31.601 1:43.852 1:48.147 15Valtteri Bottas foi sancionado ca perda de cinco postos por cambiar a caixa de cambios. 11 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:31.396 1:44.437 10 12 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:32.439 1:44.494 11 13 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:31.931 1:44.688 12 14 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:33.673 1:45.655 13 15 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:34.274 1:45.867 14 16 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:34.141 1:47.293 16 17 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 1:34.293 17 18 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:34.794 18 19 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:35.117 21Esteban Gutiérrez foi sancionado ca perda de cinco postos por cambiar a caixa de cambios. 20 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:35.157 19 21 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:36.993 20 107% tempo: 1:37.129 22 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault Sen tempoPastor Maldonado non estableceu un tempo de volta dentro do 107% do mellor tempo establecido por Daniel Ricciardo na Q1. Máis tarde os comisarios deronlle permiso para participar na carreira 22 Fonte:
Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Nico Rosberg Mercedes 57 1:32:58.710 3 25 2 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 57 +26.777 4 18 3 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 57 +30.027 10 15 4 14 Fernando Alonso Ferrari 57 +35.284 5 12 5 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 57 +47.639 15 10 6 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 57 +50.718 7 8 7 7 Kimi Räikkönen Ferrari 57 +57.675 11 6 8 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 57 +1:00.441 6 4 9 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 57 +1:03.585 8 2 10 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 57 +1:25.916 16 1 11 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 56 +1 volta 13 12 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 56 +1 volta 21 13 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 55 +2 voltas 17 NCJules Bianchi non completou o 90% da distancia da carreira, e polo tanto non clasificou. 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 49 +8 voltas 18 Ret 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 43 Unidade de potencia 20 Ret 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 29 Unidade de potencia 22 Ret 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 27 Presión aceite 19 Ret 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 3 Motor 12 Ret 44 Lewis Hamilton Mercedes 2 Motor 1 Ret 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 0 Colisión 9 Ret 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 0 Colisión 14 DSC 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 57 DescualificadoDaniel Ricciardo foi descualificado por incumplimir os límites do combustible 2 Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 1 Nico Rosberg 25 2 Kevin Magnussen 18 3 Jenson Button 15 4 Fernando Alonso 12 5 Valtteri Bottas 10
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 33 2 Mercedes 25 3 Ferrari 18 4 Williams-Mercedes 10 5 Force India-Mercedes 9
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial
<noinclude>
Australia Categoría:Gran Premio de Australia de Fórmula 1