A raíña das neves (no dinamarqués orixinal: Snedronningen) é un conto de fadas escrito por Hans Christian Andersen e publicado por vez primeira no ano 1845; céntrase na loita entre o ben e o mal vivida por dous nenos, Kay e Gerda.
Inclúese regularmente nos contos seleccionados e escolmas do seu traballo, ademais der ser reimpreso con frecuencia en edicións de libros de contos ilustrados para cativos. Malia ser un dos seus contos máis longos, a Andersen lle levou só cinco días para escribilo.
A historia foi adaptada en diversos medios de comunicación, incluíndo dramas televisivos, videoxogos e filmes de animación, sendo o máis popular o da Disney, de 2013, chamado Frozen.
Capítulos
Do espello e do anaco de espello Un neno mais unha nena O xardín da feiticeira O príncipe maila princesa A pequena ladra A saami maila finesa Do palacio da Raíña das neves e o que despois aconteceu
Notas
Véxase tamén Outros artigos Frozen (filme de animación da Disney de 2013).
Ligazóns externas Texto bilingüe castelán - dinamarqués. Texto dinamarqués en Wikisource. Texto dinamarqués. Texto dinamarqués: facsímile electrónico.
Categoría:Contos de Andersen Categoría:Contos de fadas Categoría:Contos de Nadal