Para o efémero estado homónimo do século XX, ver Hetmanato (1918)

O Hetmanato cosaco ou Atamanato cosaco (en ucraíno Гетьманщина, Het’manshchina) foi un estado cosaco localizado nas rexións centrais e noroccidentais da actual Ucraína entre 1649 e 1775. Á súa frote estaba un atamán ou hetman.

Estableceuse como resultado da rebelión de Khmelintski dirixindo aos rexementos cosacos do Sich de Zaporozhia e a tropas compostas por poboación ucraína contra a Polonia-Lituania. O primeiro atamán foi Bohdán Khmelnitski, que gobernou entre 1648 e 1657.

O Hetmanato como estado estendeuse pola maior parte de Ucraína central Orest Subtelny; Ukraine History; University of Toronto Press; 2000. ISBN 0-8020-8390-0. páx. 159 Situated en the left bank, this land was called Hetmanate for Ukrainians, while Russians referred to it as Malorossiia. It included ten regimental districts: Starodub, Chrnihig, Nizhin, Pryluky, Kiev, Haidach, Lubny, Pereiaslav, Myrhorod and Poltava. e unha pequena parte de Rusia, incluíndo as actuais óblast ucraínas de Chernihiv, Poltava e Sumi (sen a porción sueste), os territorios da beira oriental das óblast de Kíiv e Cherkasy, así como as partes occidentais da óblast rusa Briansk.

En 1654 pasou á soberanía dos tsares de Rusia, como resultado do tratado de Pereiáslav (Pereiaslavska Rada) e, polo tratado de Andrúsovo (Andrúsiv) en 1667, en que se divide o territorio entre Rusia e Polonia. Esta división causou a guerra civil en Ucraína, entre os distintos partidos cosacos, que termina ao final do século XVII.

No século XVIII o territorio do Hetmanato estaba limitado á marxe esquerda de Ucraína. En 1764 a autonomía do estado cosaco e mais o cargo de atamán foron abolidos por Catarina a Grande.

A capital do Hetmanato foi Chihirin, logo Baturin e finalmente Hluiiv.Orest Subtelny; Ukraine History; University of Toronto Press; 2000. ISBN 0-8020-8390-0. páx. 141.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cosacos de Zaporozhia Zaporozhia

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de Rusia Categoría:Historia de Ucraína