O Gran Premio de Malaisia 2014 (formalmente chamado 2014 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 30 de marzo de 2014 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia.

Resumo Datos

Do mesmo xeito que no Gran Premio de Malaisia de 2013, o fornecedor de pneumáticos Pirelli levou o seu pneumático de composto duro de cor laranxa con bandas como pneumático "prime" máis duro e o pneumático de composto medio con bandas brancas como os pneumáticos máis brandos "option".

Antes da carreira, houbo un minuto de silencio en sinal de respecto aos pasaxeiros do Voo 370 de Malaysia Airlines, que desapareceu no océano Índico tres semanas antes. Os pilotos tamén levaron mensaxes nos seus coches e cascos.

Eliminatorias Lewis Hamilton puxo o seu Mercedes na pole position, a 33ª da súa carreira. Detrás del estaba o Red Bull Racing de Sebastian Vettel e compañeiro de equipo de Hamilton Nico Rosberg.

Carreira Lewis Hamilton dominou a carreira, voando na saída. Nico Hülkenberg tamén tivo unha boa saída desde a sétima posición, loitando brevemente con Kimi Räikkönen antes de quedar atrapado detrás de Fernando Alonso. Sergio Pérez non iniciou a carreira debido a un problema na caixa de cambios.

Houbo un incidente na primeira volta cando Pastor Maldonado e Jules Bianchi chocaron, poñendo fin á carreira dos dous pilotos. Bianchi recibiu unha penalización pola súa acción malia as reclamacións do equipo Marussia de que o incidente debeuse a unha colisión co Toro Rosso de Jean-Eric Vergne que golpeou a parte traseira do Marussia. Ao final da primeira volta, os catro primeiros, Hamilton, Nico Rosberg, Sebastian Vettel e Daniel Ricciardo, escaparan do resto do grupo e a grella mantívose sen cambios ata as últimas dez voltas da carreira.

Hülkenberg librou unha prolongada batalla con Alonso para o cuarto lugar, en última instancia, perdeuno debido aos novos pneumáticos de Alonso, Force India foi o único equipo entre os cinco primeiros en desenvolver con éxito unha estratexia de dúas paradas, mentres que os outros foron a tres paradas. Felipe Massa, Valtteri Bottas e Jenson Button loitaron pola sexta posición, Massa recibiu a mensaxe de radio, "Felipe, Valtteri é máis rápido que ti", recordáballe os seus anos como número dous de piloto de Ferrari.

Os Sauber de Adrian Sutil como o de Esteban Gutiérrez retiráronse logo de que Sutil experimentara unha falla eléctrica e Gutiérrez sufrira un fallo no cambio, que lle impedía saír de punto morto. Ricciardo fixo unha boa carreira ata a súa terceira parada en boxes, cando permitíuselle saír antes de que o seu pneumático dianteiro esquerdo fora aparafusado correctamente. A continuación, tivo que ser empuxado de novo nos boxes. Logo experimentou a rotura do seu alerón dianteiro, que o levou a tomar a decisión de retirarse.

Räikkönen tivo unha pésima carreira desde o principio logo de que o McLaren de Kevin Magnussen cortara o seu pneumático traseiro dereito na entrada da primeira curva na volta 2, provocándolle unha picada. Finalmente terminou duodécimo, 0´1 segundos por detrás do Lotus de Romain Grosjean. Hamilton liderou todas as voltas da carreira e marcou a volta rápida e polo tanto logrou o primeiro Grand Chelem da súa carreira, dando a Mercedes os eu primeiro dobrete desde o Gran Premio de Italia de 1955, Rosberg terminou segundo e Vettel terceiro. Alonso chegou en cuarto lugar logo dunha batalla na última volta con Hülkenberg quen terminou quinto, case corenta segundos por diante do McLaren de Jenson Button, que foi capaz de manter baixo control aos dous pilotos de Williams, Massa e Bottas, que terminaron sétimo e oitavo respectivamente dando a Williams unha vantaxe dun punto sobre Force India. Magnussen finalizou noveno co McLaren e os dez primeiros completáronse con Daniil Kvyat de Toro Rosso. Kamui Kobayashi e Marcus Ericsson terminaron décimo terceiro e décimo cuarto co Caterham, poñéndose por diante de Marussia na clasificación do Campionato de Construtores.

Poscarreira Daniel Ricciardo recibiu unha penalización de 10 postos para o Gran premio de Bahrein logo de que o equipo Red Bull deixara saír o seu coche dun xeito inseguro do seu pit box. Tanto Kevin Magnussen como Jules Bianchi recibiron dous puntos de penalización cada un, xunto con Valtteri Bottas logo de que Bottas fora acusado de obstaculizar a Ricciardo durante a cualificación.

Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:57.202 1:59.041 1:59.431 1 2 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:57.654 1:59.399 1:59.486 2 3 6 Nico Rosberg Mercedes 1:57.183 1:59.445 2:00.050 3 4 14 Fernando Alonso Ferrari 1:58.889 2:01.356 2:00.175 4 5 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:58.913 2:00.147 2:00.541 5 6 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:59.257 2:01.532 2:01.218 6 7 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:58.883 2:00.839 2:01.712 7 8 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 2:00.356 2:02.094 2:02.213 8 9 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 2:01.689 2:02.096 2:03.078 9 10 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 2:00.889 2:01.810 2:04.053 10 11 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 2:01.175 2:02.351 11 12 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 2:01.134 2:02.369 12 13 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 2:00.047 2:02.460 13 14 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 2:00.076 2:02.511 14 15 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:59.709 2:02.756 18Valtteri Bottas foi sancionado coa perdida de tres sitúes por por obstaculizar a Daniel Ricciardo durante a cualificación 16 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 2:00.202 2:02.885 15 17 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 2:02.074 16 18 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 2:02.131 17 19 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 2:02.702 19 20 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 2:03.595 20 21 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 2:04.388 21 22 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 2:04.407 22 107% tempo: 2:05.385 Fonte:

Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 44 Lewis Hamilton Mercedes 56 1:40:25.974 1 25 2 6 Nico Rosberg Mercedes 56 +17.3 3 18 3 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 56 +24.5 2 15 4 14 Fernando Alonso Ferrari 56 +35.9 4 12 5 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 56 +47.1 7 10 6 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 56 +83.6 10 8 7 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 56 +85.0 13 6 8 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 56 +85.5 18 4 9 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 55 +1 volta 8 2 10 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 55 +1 volta 11 1 11 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 55 +1 volta 15 12 7 Kimi Räikkönen Ferrari 55 +1 volta 6 13 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 55 +1 volta 20 14 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 54 +2 voltas 22 15 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 54 +2 voltas 21 Ret 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 49 +7 voltas 5 Ret 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 35 +21 voltas 12 Ret 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 32 +24 voltas 17 Ret 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 18 +38 voltas 9 Ret 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 8 +48 voltas 19 Ret 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 7 +49 voltas 16 Ret 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 0 +56 voltas 14 Fonte: Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Nico Rosberg 43 10px 9 2 Lewis Hamilton 25 10px 1 3 Fernando Alonso 24 10px 1 4 Jenson Button 23 10px 3 5 Kevin Magnussen 20

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 1 Mercedes 68 10px 1 2 McLaren-Mercedes 43 10px 3 Ferrari 30 10px 4 Williams-Mercedes 20 10px 5 Force India-Mercedes 19

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Malaisia Categoría:Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1