Sorrisos e lágrimasTítulo na versión dobrada a galego do filme emitido na Televisión de Galicia (en ) é un filme de 1965 dirixido por Robert Wise e protagonizado por Julie Andrews e Christopher Plummer. Baseado no musical de Broadway do mesmo nome (con cancións escritas por Richard Rodgers e Oscar Hammerstein II) e cun guión de Ernest Lehman, o filme é unha adaptación da novela The Story of the Trapp Family Singers (A historia dos cantantes da familia Trapp), novela sobre a historia da verdadeira familia austríaca. Esta novela de Maria von Trapp tivo versión cinematográfica en 1956 co título Die Trapp-Familie. A rodaxe de Sorrisos e lagrimas tivo lugar en Salzburgo e nos estudios da 20th Century Fox en California. O filme gañou un Oscar ao Mellor Filme e é tamén un dos filmes musicais máis sona da historia. A imaxe de Austria nos Estados Unidos así coma en moitos outros países asiáticos e latinoamericanos foi, até hoxe en día, altamente influenciada polo filme.
Sinopse
Poucos meses antes de que Austria fora anexionada á Alemaña de Hitler, na vila de Salzburgo unha noviza chamada Maria (Julie Andrews) é enviada á casa dun viúvo capitán da antiga Mariña Imperial austríaca chamado Georg von Trapp (Christopher Plummer) para traballar coma institutriz dos seus sete fillos insubmisos. Alí, a moza fará moi boa amizade cos rapaces, namorándose á vez do capitán, que está a piques de casar coa baronesa Schroeder (Eleanor Parker). A historia complícase pola situación política do país, que pasa a se incorporar ao Terceiro Reich.
Personaxes Actor Personaxe Julie Andrews María von Trapp Julie Andrews (cancións) María von Trapp Christopher Plummer Capitán Georg Ludwig von Trapp Christopher Plummer (cancións) Capitán Georg Ludwig von Trapp Peggy Wood Madre Abadesa Charmian Carr Liesl von Trapp ( 16 anos ) Charmian Carr (cancións) Liesl von Trapp Richard Haydn Max Detweiler Nicholas Hammond Friedrich von Trapp ( 14 anos ) Nicholas Hammond (cancións) Friedrich von Trapp Heather Menzies Louisa von Trapp ( 13 anos ) Heather Menzies (cancións) Louisa von Trapp Duane Chase Kurt von Trapp ( 11 anos ) Duane Chase (cancións) Kurt von Trapp Angela Cartwright Brigitta von Trapp ( 10 anos ) Angela Cartwright (cancións) Brigitta von Trapp Debbie Turner Marta von Trapp ( 7 anos ) Debbie Turner (cancións) Marta von Trapp Kym Karath Gretl von Trapp ( 5 anos ) Kym Karath (cancións) Gretl von Trapp Eleanor Parker Baronesa Elsa Schraeder Daniel Truhitte Rolf Daniel Truhitte (cancións) Rolf Ben Wright Hans Zeller, Gauleiter Portia Nelson Sor Berta Gil Stuart Franz, o mordomo Marni Nixon Sor Sofía Doreen Tryden Sor Agatha Norma Varden Frau Schmidt, a ama de chaves
O filme foi dobrado a galego (agás as cancións que se subtitulan en galego) nos anos 90 do século XX; nos anos 60 emitiuse nos cinemas galegos na súa versión en castelán, dobrada polo estudio Voz de España, S.A. (Barcelona). A dobraxe foi dirixida por José Luis Sansalvador, as cancións adaptadas ao castelán por Ernesto Santandreu, e o coro de nenos que dobran aos nenos Trapp, agás Lita Torelló, pertencían á Coral Sant Jordi.
Cancións Todas as cancións levan a música de Richard Rodgers e as letras de Oscar Hammerstein II. As pasaxes instrumentais foron adaptadas por Irwin Kostal. "Preludio" e "The Sound of Music" "Obertura" (Os títulos principais son "The Sound of Music", "Do-Re-Mi", "My Favorite Things", "Something Good" e "Climb Ev'ry Mountain") "Preludio: Dixit Dominus", "Morning Hymn" (Rex admirabilis e Alleluia, baseadas en cancións tradicionais) "Maria" "I Have Confidence" (letra e música de Rodgers) "Sixteen Going On Seventeen" "My Favorite Things" "Salzburg Montage" "Do-Re-Mi" "The Sound of Music" "The Lonely Goatherd" "Edelweiss" "The Grand Waltz" "Ländler" "So Long, Farewell" "Processional Waltz" "Goodbye Maria/How Can Love Survive Waltz" "Edelweiss Waltz" "Entr'acte" "Climb Ev'ry Mountain" "My Favorite Things" "Something Good" (letra e música de Rodgers) "Processional" (instrumental) e "Maria" "Sixteen Going On Seventeen" (reprise) "Do-Re-Mi" "Edelweiss" "So Long, Farewell" "Climb Ev'ry Mountain" (reprise) "Títulos finais"
O compositor Oscar Hammerstein II morreu en 1959, un par de anos antes de que se empezara a producir o filme. Richard Rodgers tivo logo que escribir as letras de dúas cancións que se engadiron ao repertorio: "Something Good" e "I Have Confidence". "Something Good" substituíu a canción romántica orixinal "An Ordinary Couple", da que Rodgers non gustaba.
"I Have Confidence" foi escrita para encher o espazo no que María se muda ao pazo dos von Trapp. Durante ese segmento, Julie Andrews atravesa un arco, e nese intre é posíbel ollar á verdadeira Maria von Trapp, a unha das súas fillas (Rosmarie) e a unha das fillas de Werner. O día que se filmou esa escena, a verdadeira familia von Trapp chegou de visita inesperadamente ao set de filmación e Wise ofreceulles de apareceren coma figurantes no filme. Durante esa escena, Julie Andrews tropezou e case afociña, mais o director decidiu deixar o espontáneo tropezo para lle dar máis carácter á personaxe de Maria von Trapp.
Historia real miniatura|A verdadeira Maria Augusta Trapp (1905-1987) participou tamén neste filme de Robert Wise onde a actriz Julie Andrews canta I Have Confidence. A familia von Trapp existiu na vida real e o filme está baseada nas súas aventuras. No filme, a acción transcorre en 1938, mais na vida real, Maria casou co capitán en 1927 e viviu até 1938 co seu home e mailos nenos en Salzburgo. Maria chegou á familia en 1926 coma gobernante da súa homónima Maria, doente de escarlatina. Os fillos do Capitán von Trapp eran realmente sete (naceron outros tres despois, fillos de Maria Augusta). Non fuxiron polas montañas cara Suíza (cousa que dende Salzburgo é imposíbel e só os tería achegado máis a Hitler en Obersalzberg) senón que Maria planeou unha xira ás Américas, e así foron comodamente en tren deica Italia. De Italia seguiron a Londres e de aí finalmente lograron emigrar aos Estados Unidos. Alí seguiron a cantar durante anos, mais deixaron de cantar cando o grupo comezaba a ter membros de fóra da familia.
Estreas internacionais En Galicia o filme estreouse nas principais vilas en decembro de 1965 na súa versión dobrada ao castelán (Sonrisas y lágrimas). En galego estreouna na Televisión de Galicia nos anos noventa do pasado século, cun título inspirado no castelán (Sorrisos e lágrimas), xa que era coñecida de abondo para lle mudar o título ao orixinal O son da música (The Sound of the Music). Reino Unido: 29 de marzo, 1965 Australia: 17 de abril, 1965 Xapón: 19 de xuño, 1965 Hong Kong: 11 de novembro, 1965 Arxentina: 1 de decembro, 1965 Suecia: 9 de decembro, 1965 Finlandia: 17 de decembro, 1965 España: 20 de decembro, 1965 (Sonrisas y lágrimas) Dinamarca: 20 de decembro, 1965 Italia: 30 de decembro, 1965 (Tutti insieme appassionatamente) Francia: 17 de febreiro, 1966 ( La mélodie du bonheur) Noruega: 7 de abril, 1966
Ademais, o filme axeitouse a varios países, incluíndo Alemaña e Austria (Meine Lieder, Meine Träume), Portugal (Música no Coração), Brasil (A Noviça Rebelde), Italia (Tutti insieme Appassionatamente), Países Baixos (De mooiste muziek), España (Sonrisas y Lágrimas), Galicia (Sorrisos e Lágrimas), Grecia (Η μελωδία της ευτυχίας), Israel (צלילי המוזיקה o Tzeliley ha-muzika), Arabia Saudita (صوت الموسيقى o Saut al-musiqa), Hispanoamérica (La Novicia Rebelde), Irán (اشکها و لبخندها o Ashkha va labkhandha), Eslovenia (Moje pesmi, moje sanje), Iugoslavia (Moje pesme, moji snovi) e Tailandia (มนต์รักเพลงสวรรค์).
O musical de Broadway A historia de Maria Trapp foi logo soada no mundo enteiro cando a baronesa publicou as súas memorias en 1949, unha vez derrotado o nazismo. Mary Martin, unha estrela de Broadway, vira un filme alemán sobre a familia Trapp e quixo convertelo en musical, se ben a ocultaron deliberadamente ao público que os protagonistas, afectados pola crise económica dos anos trinta, tiveran que converter a súa mansión nunha residencia. Richard Rodgers e Oscar Hammerstein II conseguiron a licenza para representar a obra que acadou as 1443 funcións, facéndose con seis premios Tony.
En 1960, e malia a morte de Hammerstein, Hollywood decidiu converter a obra nun filme musical.
A rodaxe Tras rexeitar a oferta da Universal, Richard Rodgers apostou por confiar o proxecto á 20th Century Fox, compañía que estaba practicamente arruinada despois da rodaxe da fracasada Cleopatra. Para a elección de director, entre os directores contratados polo estudio figuraba Robert Wise, que xa lograra un grande éxito comercial e crítico coa adaptación de "West Side Story". Porén Wise alegou que non lle interesaba o proxecto. O responsábel da compañía Darryl Zanuck tenteou logo a William Wyler e mais a Billy Wilder, aínda que sen os convencer. Zanuck volveu logo a tentar convencer a Wise, cuxo anterior proxecto tivo que se pospor porque o seu protagonista (Steve McQueen) enfermara. A pesar disto o director renegou «da sacarina da obra, a cal era imposíbel de eliminar ao completo». Porén, ao poder traballar cos seus colaboradores de West Side Story —Saul Chaplin, Ernest Lehman e Boris Leven— rematou aceptando.
Para os papeis protagonistas, e en concreto para o de Maria, pensouse en Mary Martin, mais esta non podía encarnar á protagonista xacando contaba con cincuenta e cinco anos, imposíbeis de disimular nunha pantalla de cinema. Daquela, o público empezaba a acudir aos primeiros pases de "Mary Poppins"; o nome de Julie Andrews empezaba a soar entre a profesión, mais a súa escasa fama, sumada a feito de que en 1962 satirizara a historia dos Trapp en televisión xunto a Carol Burnett, facían que tivera difícil conseguir o papel. Mais, con todo, e malia a oposición da verdadeira Maria e de Rodgers, Julie Andrews foi a protagonista grazas á insistencia de Wise. Cobrou 225.000 dólares.
Unha vez conseguida a protagonista, había que conseguir os intérpretes para os papeis do Capitán Von Trapp e a Baronesa. Neste sentido, Wise tamén mantivo o seu criterio ao defender a Christopher Plummer no canto de Dean Martin, e a Eleanor Parker, cuxa estrela se apagara anos atrás, por riba de Doris Day ou Debbie Reynolds.
Para a versión cinematográfica, Rodgers decidiu eliminar tres cancións do libreto orixinal, aínda que tamén incluíu dúas novas: "I Have Confidence" e "Something Good".
Na primavera de 1964 comezou a rodaxe. Os rapaces seleccionados para interpretar os fillos do Capitán carecían dunha confianza que Andrews intentou lles infundir. Así mesmo a choiva logrou atrasar un pouco a rodaxe e, por riba, os seus efectos sobre o chan dificultaron o labor da actriz principal na escena de apertura do filme. Ademais, Debbie Turner, a nena que interpretaba a Martha von Trapp de 7 anos, perdeu todos os seus dentes en plena filmación; un dentista tivo que lle implantar un dentame postizo nunha soa noite.
A Baronesa Trapp traballou coma figurante por vinte dólares na escena na que se gravaba a despedida do Capitán; deste xeito coñeceu persoalmente a Julie Andrews, cuxa popularidade entre o equipo irritaba a Christopher Plummer, que foi dobrado nas cancións. Malia terse referido ao filme durante moito tempo coma The Sound of the Mocus (literalmente, 'o son dos mocos'), o actor finalmente volvería formar parella con Andrews no telefilme On Golden Pond.
Cifras e recadación