Benito Corbal Estévez, nado en Bora (concello de Mourente) en 1853 e finado en Pontevedra o 18 de marzo de 1926, foi un empresario e político galego.
Traxectoria miniatura|dereita|Rúa Benito Corbal de Pontevedra. dereita|miniatura|Necrolóxica en El Progreso.
De orixe humilde. Foi contratista de obras. Fixo toda a parte de cantería do actual Ponte da Barca, construíu o porto de Cangas de Morrazo e promoveu e financiou o cemiterio de Bora. Foi administrador e propietario do balneario de Ponte Caldelas. Urbanizou a rúa Progreso e grazas ás súas influencias conseguiuse cara a 1900 un novo lugar para a celebración das feiras de gando que ata aquel momento se celebraban no Campo de San Xosé, nacendo así a praza de Barcelos. En 1894 foi elixido concelleiro en Pontevedra, cargo que ocupou practicamente ata a súa morte. Tamén foi deputado provincial. Ao ano seguinte á súa morte púxoselle o nome de Benito Corbal á Rúa Progreso onde viviu.
Vida persoal Casou con Dolores Souto Villaverde e foi pai de Manuel, Serafina, Elvira, Gerardo, Rogelio e Trinidad Corbal Souto. É avó do artista galego Xosé Conde Corbal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rúa Benito Corbal (Pontevedra)
Ligazóns externas Benito Corbal
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1926