Directorio pode referirse ao seguinte:
Política Directorio, o goberno da Francia revolucionaria no período 1795-1799, antes do golpe de Estado de Napoleón do 18 brumario; Directorio Supremo das Provincias Unidas do Río da Prata (coñecido simplemente como Directorio), o goberno da Arxentina desde 1814 a 1820; Directorio, o goberno do Perú de Manuel Ignacio de Vivanco (1843-1844); Directorio Militar, organización temporal do goberno dunha nación a modo militar por medio da forza das armas. Pode estar constituído so por militares lou participado tamén por elementos civís. Directorio Militar de Primo de Rivera, o goberno militar provisional instaurado por Miguel Primo de Rivera en España (1923-1925). Véxase Ditadura de Primo de Rivera; Directorio Civil, nome da Ditadura de Primo de Rivera desde 1925 a 1930. Directorio de Omsk, efémero goberno antibolxevique instalado na cidade siberiana de Omsk no outono de 1918 para tratar de unificar aos distintos grupos antibolxeviques rusos. Directorio de Ucraína (ou simplemente Directorio), goberno da República Nacional Ucraína formado en 1918, que se sublevou contra o Hetmanato, e que se considera que actuou entre o 14 de decembro de 1918 e o 10 de novembro de 1920; Directorio Antiforista de Teis, un comité organizador da propaganda antiforal en Galicia, constituído en febreiro de 1908, a instancias da Socidedade de Agricultores de Teis. Directorio Revolucionario 13 de marzo, organización revolucionaria cubana formada en 1956; Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación, organización armada formada en 1959 por exiliados españois (sobre todo galegos), e portugueses para loitar contra as ditaduras franquista e salazarista; Calquera outro goberno que se rexa polo sistema directorial:
Informática Directorio, tamén chamado carpeta, unha agrupación de arquivos ou ficheiros informáticos; Directorio web, sitio web de recursos clasificados e organizados en diferentes categorías e subcategorías.