Deborah Jane Kerr-Trimmer, nada en Glasgow o 30 de setembro de 1921 e finada en Botesdale, Suffolk o 16 de outubro de 2007, foi unha actriz escocesa.

Traxectoria Iniciouse no mundo artístico como bailarina de ballet, para logo pasar á interpretación, sendo a súa primeira profesora a súa tía Phyllis Smale.

Debutou no teatro en 1937, nunha obra de mimo, Harlequin and Columbine, mais non actuou en Broadway ata 1953, cando xa era unha actriz cinematográfica recoñecida.

En 1940 interveu por primeira vez nun filme, pero as súas escenas foros eliminadas na montaxe final. A súa interpretación en Black Narcissus chamou a atención dos produtores de Hollywood, comezando a súa carreira no cinema estadounidense. Aínda que o seu acento británico a levou inicialmente a papeis de damas sofisticadas, a partir de De aquí á eternidade tivo máis oportunidades de demostrar a súa versatilidade.

A partir de 1969, debido aos papeis que lle ofrecían, abandonou o cinema a favor da televisión e o teatro.

Aínda que nunca gañou un Oscar, un premio BAFTA ou o premio de interpretación no Festival de Cannes, as tres organizacións déronlle premios honoríficos, en 1994, 1991 e 1984, respectivamente.

Finou en 2007, vítima dos efectos da enfermidade de Parkinson.

Filmografía Ano Título 1941 Major Barbara Love on the Dole 1942 Penn of Pennsylvania] Hatter's Castle The Day Will Dawn 1943 The Life and Death of Colonel Blimp 1945 Perfect Strangers 1946 I See a Dark Stranger 1947 Black Narcissus The Hucksters If Winter Comes 1949 Edward, My Son 1950 Please Believe Me As minas do rei Salomón 1951 Quo Vadis 1952 O prisioneiro de Zenda Thunder in the East 1953 Young Bess Julius Caesar Dream Wife De aquí á eternidade 1955 The End of the Affair 1956 Os heroes tamén choran The King and I 1957 Heaven Knows, Mr. Allison An Affair to Remember 1958 Bos días tristeza Separate Tables 1959 The Journey Count Your Blessings Beloved Infidel 1960 The Sundowners The Grass Is Greener 1961 The Naked Edge Suspense 1964 The Chalk Garden A noite da iguana 1965 Marriage on the Rocks 1966 Eye of the Devil 1967 Casino Royale 1968 Prudence and the Pill 1969 The Gypsy Moths O compromiso 1982 Witness for the Prosecution 1984 A Woman of Substance 1985 The Assam Garden Reunion at Farnborough 1986 Hold the Dream

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Páxina de tributo Artigo no The Huffington Post (2008). Deborah Kerr . Deborah Kerr en virtual-history.com.

Categoría:Actores de cinema de Escocia Categoría:Actores de teatro de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Finados por párkinson Categoría:Óscar honorífico