Joaquina Dorado Pita, nada na Coruña o 25 de xuño de 1917 e finada en Barcelona o 14 de marzo de 2017,"Foise, con 99 anos, a loitadora Joaquina Dorado", artigo en Praza Pública, 16 de marzo de 2017. foi unha anarquista galega.

Traxectoria Filla de mariñeiros, pasou a súa adolescencia en Vigo até que en 1934 marchou coa familia a Barcelona. Con 17 anos afiliouse ao Sindicato da Madeira e Decoración da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da legalidade republicana, formando parte do Comité de Defensa de Barcelona. Tivo cargos directivos no Sindicato da Madera de Barcelona e participou nos combates dos sucesos de maio de 1937 como integrante do grupo anarquista Luz y Cultura. Coa derrota da República fuxiu ao exilio en 1939. En 1948 foi detida en Barcelona e, tras varios anos presa, volveu exiliarse en París, traballou como costureira e pasadora ata a súa xubilación. En 2006 retornou a Barcelona, onde pasou os seus últimos, anos e onde finou o 14 de marzo de 2017.Joaquina Dorado: marcha a nosa memoria rebelde, artigo en Nós Diario, 31 de marzo de 2017.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Joaquina Dorado Pita en Memoria Prisión de mujeres de les Corts

Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes