A palmeira de abanoNome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 (Trachycarpus fortunei) é unha especie da familia das Arecaceae (palmeiras) orixinaria da China central e oriental, mais con fins ornamentais en todas as zonas temperadas, cunha alta presenza nos países mediterráneos, pola súa boa resistencia ao frío e ás altas temperaturas. É común atopala en xardíns costeiros de Galiza. miniatura|250px|Detalle da folla. miniatura|Froitos maduros soltos.
Descrición O toro acada até 12 m de altura, e fica recuberto (total ou só a parte superior) polas vaíñas das follas caídas, o que lle dá un aspecto "peludo"). As follas son palmadas, cun limbo duns 50 cm de longo por 75 de largo, con pecíolos coas marxes serradas e un pouco máis longos ca o limbo.
Distínguese de xeito doado da palmeira anana (Chamaerops humilis), que é unha palmeira mediterránea, tamén pequena e plantada a miúdo nos xardíns, en que a palmeira anana ten o pecíolo máis longo (até o triplo do limbo) e espiñento. Ademais, non acada tanta altura como a palmeira de abano senón que como moito fica nuns cinco metros.
Taxonomía Trachycarpus fortunei foi descrita primeiro por William Jackson Hooker coma Chamaerops fortunei e despois atribuída ao xénero Trachycarpus por Hermann Wendland e publicada en Bulletin de la Société Botanique de France, 8, p. 429 en 1861. Etimoloxía Trachycarpus: nome xenérico que deriva das verbas gregas: trachus = "áspero" e karpos = "froita", en referencia á froita de forma irregular.( J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, WJ Baker, M. Harley y C. Lewis 2008. )
fortunei: epíteto outorgado en honra de Robert Fortune, botánico que introduciu a planta do té na India. Sinonimia Chamaerops fortunei Hook., Bot. Mag. 86: t. 5221 (1860). Trachycarpus caespitosus Becc., Bull. Soc. Tosc. Ortic., III, 20: 164 (1915). Trachycarpus wagnerianus Becc., Webbia 5: 70 (1921).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Palmeira de abano mexicana Palmeira anana Descrición das arecáceas
Bibliografía Beccari, Odoardo: 1905 "Le Palme del Genere Trachycarpus", Webbia; I Beccari, Odoardo: 1920 "Recens Palme Vecchio Mondo", Webbia; V Beccari, Odoardo: 1931 "Asiatic Palms, Corypheae", Annals of the Royal Bot. Gard. Calcutta; 13 Martius, Carl Friedrich Philipp von: 1850 Historia Naturalis Palmarum, Band 3 Stührk, Chris: 2006 "Molekularsystematische Studien in der Subtribus Thrinacinae, mit besonderer Berücksichtigung der Gattung Trachycarpus H. Wendl". (Arecaceae)
Categoría:Trachycarpus Categoría:Palmeiras Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Asia