Wendy Margaret Hiller, nada en Bramhall (Cheshire) o 15 de agosto de 1912 e finada en Beaconsfield (Buckinghamshire) o 14 de maio de 2003 foi unha actriz inglesa.

Traxectoria Hiller comezou a súa carreira profesional durante a década de 1930 en Manchester. O grande éxito da obra Love on the Dole (escrita polo que sería o seu marido, Ronald Gow) levouna a Nova York. Nesa cidade foi vista polo dramaturgo George Bernard Shaw, que a contratou para varias obras.

A súa carreira desenvolveuse especialmente no teatro, pero tamén participou en filmes, chegando a gañar o Oscar á mellor actriz secundaria en 1958 por Separate Tables, e en programas de televisión.

Filmografía Ano Filme 1937 Lancashire Luck 1938 Pygmalion 1941 Major Barbara 1945 I Know Where I'm Going! 1952 Outcast of the Islands 1953 Sailor of the King1957 Something of Value How to Murder a Rich Uncle 1958 Separate Tables 1960 Sons and Lovers 1963 Toys in the Attic 1966 Un home para a eternidade 1974 Asasinato no Orient Express 1976 Voyage of the Damned 1979 The Cat and the Canary 1980 The Elephant Man 1981 Miss Morrison's Ghosts 1982 Making Love 1983 Attracta 1987 The Lonely Passion of Judith Hearne 1992 The Countess Alice

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Actuacións no Theatre Archive University of Bristol

Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Nados en Cheshire Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2003