Francisco Tomás Marcos Raña, nado no Carballiño o 1 de novembro de 1900 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1990, foi un escritor, xornalista e político galego.
Traxectoria
alt=números 1 y 81|miniatura|Portadas de AutoCuba.
Sendo aínda novo foise a Cuba cun parente e ficou alí un tempo ata que foi reclamado para cumprir o servizo militar. En 1921, xa en España, escribiu algún artigo para El Ideal Gallego da Coruña. Facendo o seu servizo militar foi destinado ao norte de África como sarxento de complemento. Desde alí escribiu tamén para El Ideal Gallego contando a súa experiencia de campo. Como dato curioso das súas colaboracións periodísticas, a revista Algo concedeulle, anos máis tarde, unha gratificación de 5 pesetas por un chiste que lles enviou. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba como vendedor na sucursal de Madrid da casa Puigdengolas especializada en porcelana xaponesa, estilográficas Eversharp e sobre todo botóns de nácara que venden en camiseirías; era oficial de complemento do Exército e estaba afiliado ao Partido Socialista Obrero Español. Con outros compañeiros organizou en Madrid 5 Batallóns de voluntarios de Comercio. Co último deles saíu á fronte, iniciando a súa campaña en Leganés. Na guerra civil foi capitán do Exército Republicano, confirmado a principios de 1938 polo Ministerio de Defensa Nacional con antigüidade do 31/12/1936.Diario Oficial del Ministerio de Defensa, 15-3-1938, p. 754. Máis tarde ascendeu a comandante. A súa afección literaria levouno a escribir un libro sobre a loita, que por desgraza se perdeu.
Despois da derrota da República pasou por Celanova, e cruzou clandestinamente a fronteira portuguesa refuxiándose en Lisboa primeiro e posteriormente nos Estados Unidos. En xuño de 1940 chegou a Cuba -pais que xa coñecía por estar cun tío seu en Camagüey nos derradeiros anos da década de 1910-, procedente de Nova York. Deixou en España muller e un fillo (Manuel). En febreiro de 1944 foi representada no Teatro Principal de la Comedia a súa obra Home de mundo. Nos anos 50 comprou unha pequena casiña na barriada de Lawton Batista da Habana, en cuxo patio interior tiña unha laranxeira. No ano 1955 fixo unha breve viaxe a España para ver a familia.
Colaborou como cronista da Sección de Sociedades Españolas no periódico Noticias de Hoy, escribiu no semanario dominical Magazine de Hoy. Tamén traballou na radio no Noticiero "Mil Diez". O 31 de decembro de 1942 publicou o poema "A Galiza" na revista Vida Gallega. O 9 de setembro de 1944, a solicitude do Grupo Curros Enríquez, colaborou coa Junta Suprema de Unión Nacional para axudar ao pobo español, impartiu a conferencia "El espíritu de libertad y rebeldía en Curros Enríquez". Dende a súa primeira andaina (1948) foi Director Técnico da revista AutoCuba.Autocuba comenzó a editarse en agosto de 1948 En 1951 foi nomeado xefe do Departamento de Publicaciones da Cámara del Comercio del Automóvil de Cuba. Nos anos sesenta coñeceu a Xosé Neira Vilas, con quen colaborou na Sección Gallega do Instituto de Literatura y Lingüística.
No ano 1979 solicitou a recuperación da nacionalidade española, e en 1982 volveu a España coa súa muller Aurora. Viviu na rúa Marqués de Corbera de Madrid ata seu pasamento. Aurora volveu a Asturias, onde morreu un ano máis tarde.
Vida persoal
miniatura|Cuba
O 24 de xuño de 1958 casou con Aurora Fernández González, asturiana de Pruvia, tamén divorciada e de nacionalidade española.Acta de Matrimonio.. Registro Civil de Marianao, la Habana. Tomo 59 páx 553, nº818 Foi irmán de Luisa Marcos Raña. Obras Home de mundo, teatro en verso, estreada no Teatro Principal de la Comedia da Habana en febreiro de 1944. El espíritu de la libertad y la rebeldía en Curros Enríquez, 1944.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Aguirre, Mirta (1944). Prologo de "El espíritu de libertad y rebeldía en Curros Enríquez" Gráfica Moderna, La Habana (Cuba)
Categoría:Xornalistas do Carballiño Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Exilio galego
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1990