Marcelino Astray de Caneda, nado en Santiago de Compostela o 24 de abril de 1824 e finado en Vigo o 1 de xuño de 1899, foi un médico, militar e político galego.

Traxectoria Médico militar. Foi inspector de sanidade da Armada e xefe de Sanidade do departamento de Ferrol (1883). Pasou á reserva e instalouse en Vigo en 1890. Foi nomeado alcalde de Vigo en agosto de 1895. Permaneceu no posto até 1897. Finou en Vigo o 1 de xuño de 1899.El Correo Gallego, 1-6-1899, p. 1.Gaceta de Galicia, 3-6-1899, p. 1.

Vida persoal Viúvo, casou en 1898 con Josefa Díaz da Pena.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1824

Categoría:Finados en 1899

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos